Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Relevo2020 reunións informativas no territorio do GALP A Mariña-Ortegal

No día de onte o equipo técnico do GALP A Mariña-Ortegal volveu a percorrer o noso territorio facendo diversas reunións informativas sobre RELEVO2020,  un proxecto de capacitación e formación dirixido a xóvenes con interés en buscar unha alternativa de futuro no sector pesqueiro.

Un proxecto :

Dirixido á mocidade de 16 a 30 anos.
Non é preciso titulación nin experiencia relacionada co sector.
O programa desenvolveráse en dúas edicións:
setembro -decembro 2020
xaneiro-abril 2021
Prazas limitadas: 15 por edición.
Infórmate  www.relevo2020.org ou na oficina do GALP A Mariña-Ortegal.