Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

UN OCÉANO DE POSIBILIDADES: DINAMIZACIÓN DO OCÉANO SURF MUSEO

Accións de posta en valor do patrimonio litoral, dos recursos naturais costeiros e da actividade surfeira, así como á sensibilización e concienciación co coidado do medio, poñendo o foco na contaminación e os seus efectos na biodiversidade e na contorna. centrarase especialmente nas novas xeracións, como público clave para a iniciación no deporte, o descubrimento dos tesouros do litoral e o avance cara un desenvolvemento máis sostible a través da realización de obradoiros de sensibilización e iniciación ao surf, produción dun “caderno surfeiro” (material didáctico) e celebración de certames escolares con exposición dos traballos. Outro dos públicos obxectivo do proxecto serán os e as profesionais do sector, a través da formación en sostibilidade, favorecendo a transmisión de valores entre diferentes xeracións, pero tamén as novas aprendizaxes tendo como obxectivo final o impulso e dinamización do Océano Surf Museo como elemento do patrimonio material local vinculado ao mar a través de actividades que promovan a importancia da cultura do mar, o coidado do medio mariño e a realización de actividades deportivas náuticas na contorna de xeito responsable e respectuoso.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2024-00058
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONCELLO DE VALDOVIÑO
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de Decembro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2024
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
08/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
32
Anualidades: 
2024, 2025 e 2026
Data fin de execución: 
08/07/2024
Ámbito de aplicación: 

Valdoviño (A Coruña)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
72.709,92 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
72.709,91 €
Total axuda pública aprobada (€): 
58.167,93 €
% Subvención: 
80
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
40.717,55 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
17.450,38 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- OBXECTIVO XERAL
O obxectivo xeral do proxecto é impulsar e dinamizar Océano Surf Museo como elemento do patrimonio material local vinculado ao mar a través de actividades que promovan a importancia da cultura do mar, o coidado do medio mariño e a realización de actividades deportivas náuticas na contorna de xeito responsable e respectuoso.
- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
• Poñer en valor os recursos naturais e materiais vinculados ao mar e a actividade surfeira como elementos principais da identidade local para o desenvolvemento cultural e económico da vila.
• Impulsar o programa de actividades de dinamización do Océano Surf Museo a través de accións dirixidas a diferentes públicos.  
• Fomentar, a través da educación e a divulgación, a importancia do patrimonio cultural, material e inmaterial, vinculado ao mar e ao surf.
• Promover a realización de actividades náuticas e acuáticas entre a mocidade como ferramenta para a adquisición de hábitos de vida saudables.
 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Unha maior dinamización do Océano Surf Museo co deseño de actividades dirixidas a diferentes públicos.

- A transmisión do valor dos recursos naturais e materiais vinculados ao mar que se fomentará coa creación de material didáctico interactivo, a realización de obradoiros escolares, a celebración dunha xornada de surf e desenvolvemento sostible e nas accións de promoción do proxecto.

- O impulso da práctica de surf entre a poboación local máis nova como un bo hábito de vida saudable e unha actividade de peso na identidade e cultura local, que se promoverá a través dos obradoiros de iniciación ao surf e o certame escolar.

- Unha maior concienciación co coidado do medio e a biodiversidade, así como do patrimonio, a través das actividades de educación e divulgación dirixidas a escolares e profesionais do sector.

- Dotar de ferramentas e coñecementos ao sector surf para avanzar cara un desenvolvemento da actividade máis sostible, mediante a celebración da xornada de Surf e desenvolvemento sostible.

Principais actividades do proxecto: 

- Deseño dun “caderno surfeiro” que ilustre de forma atractiva, con pequenos textos e imaxes,  o valor do litoral e a súa biodiversidade, a historia local do surf, consellos de iniciación, propostas de actividades na contorna, recomendacións para o coidado do medio e curiosidades sobre os recursos mariños, para levar os contidos do OSM ás aulas. A información repartirase no caderno, deixando espazo para interactuar coas actividades propostas e para notas. Estará adaptado ás necesidades especiais que poida haber nas aulas a través de pictogramas, tamaño de letra axeitado e disposición clara dos contidos.

- Cada ano realizaranse 4 obradoiros no centro escolar. Os obradoiros constarán de 3 sesións: 1 sesión teórica na aula, na que traballar as bases do surf e a relevancia do medio no que se realiza, empregando o material didáctico de apoio creado; 2 sesións de bautismos de surf, nas que levar á práctica os coñecementos aprendidos. As sesións serán impartidas por profesionais do sector e estarán adaptadas ás necesidades detectadas nas aulas, asegurando a inclusividade da actividade.
- Tras os obradoiros, o alumnado poderá participar nun certame para amosar os coñecementos obtidos. A través da literatura ou a pintura poderán transmitir as súas experiencias no mar. Cos traballos presentados, organizarase unha exposición no propio Océano Surf Museo que estára aberta ao público.
- Celebrarase unha Xornada de Surf e desenvolvemento sostible, que estará aberta ao público xeral pero será de especial interese para o tecido empresarial do surf. Participarán 10 relatores/as de prestixio do sector surf ou relacionados co desenvolvemento sostible. Procurarase un reparto paritario entre homes e mulleres entre as persoas ponentes. Alomenos unha ponencia será sobre surf e persoas con discapacide. Tamén outra sobre como o surf pode axudar a evitar o despoboamento e a promoción do emprego en zonas rurais. Crearase unha imaxe gráfica e materiais promocionais para a adecuación e ambientación do espazo. O evento culminará coa visita á exposición da colección de pranchas de Enrique Artero, considerada a máis importante do país, que será nstalada tamén no Océano Surf Museo.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXETIVO ESTRATÉXICO 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXETIVO ESPECÍFICO 4.1 Facer do patrimonio cultural marítimo pesqueiro un elemento de identidade da zona costeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)