Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

VILASELÁN HOMES

O proxecto “VILASELÁN HOMES” consiste na creación dun establecemento de aloxamento turístico sostible situado na parroquia de Vilaselán, no concello de Ribadeo, orientado á promoción do patrimonio natural e mariñeiro da costa da Mariña. A iniciativa pretende ampliar a visión tradicional do turismo asociado á xeoloxía, incorporando a importancia dos procesos xeomorfolóxicos do medio mariño e convertendo elementos do litoral, como cantís, praias, illotes ou covas mariñas, en recursos de interese turístico e educativo, sempre desde unha perspectiva de conservación e respecto polo medio ambiente.

O proxecto desenvolverase nunha parcela de 8.035 m², dos cales 5.281 m² se destinarán ao campamento turístico. As instalacións estarán formadas por seis módulos prefabricados tipo “mobil home”, cinco destinados ao aloxamento, cunha capacidade total para 24 persoas, e un módulo dedicado á recepción e aos servizos comúns, configurando un espazo turístico integrado na contorna e deseñado baixo criterios de sustentabilidade ambiental.

Como valor engadido, o proxecto incorpora un conxunto de actividades complementarias de interpretación e divulgación do medio mariño, desenvolvidas en colaboración con entidades e empresas locais. Entre elas inclúense iniciativas de promoción da gastronomía de proximidade baseada en produtos pesqueiros e marisqueiros locais, accións de apoio á economía circular mediante o aproveitamento de materiais reciclados procedentes do mar e a organización de rutas xeolóxicas e interpretativas dirixidas tanto ás persoas hóspedes como ao público en xeral.

Estas actuacións permitirán fomentar a educación ambiental, divulgar a cultura mariñeira e o patrimonio costeiro, promover un turismo responsable e contribuír á desestacionalización da actividade turística, diversificando a oferta existente no territorio.

En conxunto, “VILASELÁN HOMES” pretende impulsar un modelo de turismo sostible vinculado ao mar, xerando novas oportunidades económicas para o territorio, fortalecendo a colaboración co tecido produtivo local e contribuíndo á conservación, interpretación e valorización do patrimonio natural e mariñeiro da costa de Ribadeo.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2026-00083
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Aurum Geoconsult, SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2026
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
13/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Ribadeo (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
399.492,30 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
199.746,15 €
Total axuda pública aprobada (€): 
199.746,15 €
% Subvención: 
50,0
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
139.822,31 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
59.923,84 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Favorecer a creación e o mantemento de emprego no medio rural, garantindo a continuidade do autoemprego da persoa promotora e a creación dunha Unidade de Traballo Anual (UTA), contribuíndo ao desenvolvemento económico da contorna.
  • Impulsar un modelo de turismo sostible vinculado ao patrimonio mariñeiro e ao medio natural, diversificando a oferta turística do concello de Ribadeo e promovendo a desestacionalización da actividade mediante experiencias durante todo o ano.
  • Incrementar a visibilidade e a valorización dos produtos do mar da Mariña Lucense mediante a colaboración con empresas locais para a súa promoción e comercialización, fomentando un consumo responsable e de proximidade.
  • Poñer en valor o patrimonio xeolóxico, ambiental e cultural do litoral ribadense a través da organización de xeorutas interpretativas guiadas por profesionais especializados, divulgando a importancia do medio mariño e da súa evolución.
  • Favorecer a desestacionalización do turismo mediante o deseño de paquetes turísticos específicos para a tempada baixa, ampliando as oportunidades de actividade económica ao longo de todo o ano.
  • Promover a colaboración entre o sector turístico e o sector pesqueiro local, xerando sinerxías que contribúan ao desenvolvemento da economía azul e á dinamización do territorio.
  • Mellorar a imaxe e o coñecemento dos produtos pesqueiros e marisqueiros locais, favorecendo a súa incorporación á experiencia turística e á cultura alimentaria das persoas visitantes.
  • Contribuír á dinamización económica e social da parroquia de Vilaselán, reforzando o atractivo do territorio como destino de turismo sostible e incrementando o valor do seu patrimonio natural, mariñeiro e gastronómico.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Mantemento do posto de traballo da persoa promotora como traballadora autónoma e creación dunha Unidade de Traballo Anual (UTA), contribuíndo á xeración de emprego e á dinamización económica do territorio.
  • Diversificación da oferta turística da Mariña-Ortegal mediante a incorporación dun aloxamento sostible con actividades complementarias vinculadas ao patrimonio xeolóxico e mariñeiro, ampliando as experiencias dispoñibles para as persoas visitantes.
  • Incremento da notoriedade e da posta en valor dos recursos turísticos mariñeiros da comarca, promovendo a gastronomía local, os produtos do mar, o patrimonio natural e o patrimonio cultural e inmaterial asociado á actividade pesqueira.
  • Maior colaboración entre o sector turístico e o sector pesqueiro local, favorecendo a comercialización e promoción dos produtos do mar da Mariña Lucense e xerando sinerxías entre ambos os sectores.
  • Contribución á desestacionalización da actividade turística mediante a oferta de experiencias e paquetes específicos durante a tempada baixa, favorecendo un fluxo de visitantes máis equilibrado ao longo do ano.
  • Promoción dun modelo de turismo máis sostible mediante o uso de solucións enerxéticas eficientes e respectuosas co medio ambiente, contribuíndo á redución da pegada de carbono e á sensibilización sobre a loita contra o cambio climático.
  • Incremento do coñecemento e da sensibilización das persoas visitantes sobre a riqueza xeolóxica, ambiental e mariñeira do litoral ribadense, fomentando actitudes de respecto e conservación do patrimonio costeiro.
  • Obtención dun retorno económico que garanta a viabilidade e sustentabilidade do proxecto a medio e longo prazo, contribuíndo ao desenvolvemento económico da parroquia de Vilaselán e do conxunto da comarca da Mariña-Ortegal.
Principais actividades do proxecto: 

Co fin de acadar os obxectivos previstos, o proxecto estrutúrase en dúas liñas de actuación complementarias: por unha banda, o desenvolvemento de actividades de promoción, divulgación e colaboración co tecido produtivo local e, por outra, a execución dos investimentos necesarios para a posta en funcionamento do establecemento turístico.

A1. Acordos de colaboración e promoción do produto mariñeiro

Co obxectivo de potenciar o consumo responsable e a valorización dos produtos do mar da Mariña Lucense, formalizaranse acordos de colaboración con empresas e profesionais do territorio, entre eles Restaurante Javier Montero (Texturas Galegas SLNE), Pescados e Mariscos de Rinlo S.L., Conservas Faro de Burela (Rodil Lozano S.L.), Bombones Moreno (M.ª José Ríos Gómez) e Madera de Mar (Eduardo de la Riera).

Estes acordos permitirán promover o consumo de produtos pesqueiros e marisqueiros frescos, de proximidade e comercializados a través de empresas locais, reforzando a colaboración entre o sector turístico e o sector pesqueiro. Ademais, incorporarase a economía circular mediante a utilización e promoción de produtos elaborados con materiais reciclados procedentes do mar e de embarcacións en desuso.

A2. Organización de roteiros xeolóxicos e de interpretación mariñeira

Como actividade complementaria desenvolveranse xeorutas interpretativas dirixidas tanto ás persoas hóspedes do establecemento como ao público en xeral. Estas rutas estarán guiadas por profesionais especializados e permitirán divulgar a riqueza xeolóxica do litoral ribadense, a súa relación co medio mariño e a cultura mariñeira, fomentando a educación ambiental e un turismo responsable.

As rutas previstas son:

Xeoruta 1: Litoral de Ribadeo, entre o Cargadoiro e a Praia Areosa.
Xeoruta 2: Cetáreas históricas de Rinlo, cetárea moderna de Pescados e Mariscos de Rinlo S.L. e Praia dos Castros.

A promoción destas actividades realizarase a través da páxina web do establecemento e das súas redes sociais, ampliando a súa difusión e favorecendo a participación da cidadanía.

A3. Investimentos para a creación do establecemento turístico

O proxecto inclúe a adquisición e instalación de seis módulos prefabricados tipo “mobil home” destinados ao funcionamento do campamento turístico. Cinco deles destinaranse ao aloxamento das persoas visitantes, cunha capacidade total de 24 prazas, mentres que un sexto módulo albergará a recepción, lavandería e servizos comúns, incluíndo un espazo adaptado para garantir a accesibilidade.

A4. Dotación de mobiliario e equipamentos exteriores

Completarase a actuación coa adquisición do mobiliario necesario para as zonas comúns do campamento, consistente en cinco mesas exteriores e unha papeleira de reciclaxe con separación selectiva de residuos.

As mesas utilizaranse como espazo para a realización de degustacións de produtos do mar, actividades de promoción gastronómica e punto de encontro previo aos roteiros interpretativos. Pola súa banda, a papeleira de reciclaxe contribuirá á correcta separación dos residuos xerados no establecemento, reforzando o compromiso do proxecto coa sustentabilidade ambiental e coa promoción de boas prácticas entre as persoas usuarias.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 2 . Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 2.1. Incrementar a relación do sector pesqueiro e do produto pesqueiro en actividades de diversificación da zona costeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)