
Con este proxecto preténdese promocionar a ruta histórica do Camiño Vello a Santo André de Teixido nos seu paso polo municipio de Valdoviño, a través de accións de sinalización e xeración de contidos de sensibilización a fin de reforzar a información e facilitar a comprensión do itinerario. Na promoción da ruta farase especial fincapé nos atributos icónicos da paisaxe e da fisionomía do municipio, a toponimia e o saber popular ligado á memoria mariñeira, buscando complicidades coa veciñanza á hora de rememorar lendas, anécdotas e achegar datos históricos ou do propio peso do sector marisqueiro, na identidade de Valdoviño.
Con este fin, levaranse a cabo as seguintes actividades: Actividade 1. Xeración de Contidos: traballo de campo, análise de datos , deseño e incorporación de códigos QR, producción de audioguías para os paneis e elaboración de texto en 3 idiomas. Actividade 2- Producción e colocación de 9 monolitos indicativos en emprazamentos non sinalizados e 3 vinilación informativa de paneis preexistentes
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Poñer en valor o Camiño de Santo André de Teixido ao seu paso polo municipio de Valdoviño, a través da promoción de elementos patrimoniais e ambientais, creando un itinerario interpretativo desta ruta singular.
Poñer en valor o patrimonio natural, arquitectónico e inmaterial vinculado á ruta de Santo André de Teixido, consolidanto o recoñecemento da mesma como sinal de identidade. Fomentar desestacionalización turística a través da promoción dun destino turístico diferenciado.
Este proxecto contribúe ao logro da Prioridade cuarta do FEMP de manter o emprego e a cohesión territorial mediante o fomento do crecemento económico, a consolidación de emprego e o apoio á empregabilidade. Coa posta en valor do medio ambiente, o patrimonio ligado ao mar así como os oficios do mar e os produtos mariños estamos incidindo na posta en valor da súa calidade diferencial e no incremento do turismo, e polo tanto no incremento do emprego (co consumo e estadías no territorio). Así, co incremento de visitantes, produciranse ademais sinerxías entre negocios locais, por exemplo cos restaurantes que ofrezan produtos locais do mar, con empresas innovadoras locais que poñan en valor produtos do mar, cos profesionais do mar (mariñeiros/as, armadores, etc.), coas empresas de turismo activo e os aloxamentos, entre outros. O proxecto contribúe ademais, á cohesión territorial, posto que a promoción desta ruta impulsa a visita a diferentes lugares da zona de Ortegal. Ademais, o proxecto é complementario con outros financiados polo GALP A Mariña-Ortegal, e xestionados polo propio Concello de Valdoviño, ou concellos como Cedeira, Cariño, Ribadeo, etc. nos que se realizan accións similares, cun discurso que enxalza o patrimonio medioambiental e patrimonial da costa.
Actividade 1. Xeración de contidos.
Actividade 2. Produción e colocación de monolitos indicativos e vinilación de paneis.
2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego
2.2. Crear e consolidar unha imaxe de marca do territorio da Mariña - Ortegal
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)