PROGRAMA DE ADHESIÓN Á ETIQUETA COCIÑA ATLÁNTICA
A etiqueta “Cociña Atlántica”
Como elemento identificador e visible da filosofía concretada no Programa de Adhesión, o proxecto Morada Atlántica promove a introdución da etiqueta "cociña atlántica" co obxectivo de promocionar os pratos e produtos propios do arco atlántico, erixíndose esta como garantía de calidade.
Esta etiqueta, polo tanto, acreditará a singularidade, tradición, proximidade e rastrexabilidade dos pratos e produtos que se promocionen baixo este distintivo, baseándose este labor de promoción en informar ao consumidor final sobre os beneficios da súa adquisición e consumo. Estes beneficios da etiquetaxe dos pratos como "cociña atlántica" poderían resumirse nos seguintes 5 puntos:
- Pratos e produtos cunha longa historia, tradición, modos de elaboración e produtos propios do territorio en cuestión (de ámbito local).
- Pratos e produtos de proximidade, directamente adquiridos ao produtor local sen necesidade - ou reducindo considerablemente - os intermediarios intervenientes.
- Pratos e produtos que implican unha redución da pegada de carbono ao eliminarse por completo o transporte de longa distancia, debido a que son primados os produtos autóctonos de proximidade, xerados e/ou transformados na contorna local.
- Pratos e produtos que implican unha drástica redución dos residuos inorgánicos empregados na súa elaboración e envasado, como consecuencia da súa procedencia local tradicional.
- Pratos e produtos que promocionan a divulgación dos produtos autóctonos e de proximidade, fomentando a viabilidade da economía do sector primario e garantindo a sustentabilidade dos métodos de traballo tradicionais.
Documentación requirida para a adhesión á etiqueta cocina atlántica
Xunto á solicitude para formar parte do Programa de Adhesión cada solicitante deberá achegar a seguinte documentación fotocopiada ou escaneada:
- CIF da empresa
- NIF dorepresentante legal da empresa
- Escritura de constitución da sociedade ou documento análogo
- Memoria de carácter técnico na que se especifique a localización do establecemento de restauración, listaxe de prato/s de cociña atlántica para o/os que solicita recoñecemento e listaxe de provedor/es e/ou produtos da zona que adquire para a elaboración de este/s prato/s.
REDE DE ESPAZOS MUSEÍSTICOS ATLÁNTICOS
REMA (Rede de Espazos Museísticos Atlánticos)
REMA é unha rede de espazos museísticos que pretende articular desde unha perspectiva horizontal e igualitaria a todos os espazos con contido museístico e establecementos análogos existentes no arco atlántico que desexen adherirse, sempre que cumpran cunha serie de condicións mínimas, co obxectivo de reforzar a oferta e viabilidade de todos estes espazos - que polo xeral son de pequeno ou mediano tamaño - así como a súa promoción e atractivo de face a turistas e visitantes locais.
Documentación requirida para a adhesión á Rede REMA
Junto a la solicitud para formar parte del Programa de Adhesión cada solicitante deberá adjuntar la siguiente documentación fotocopiada o escaneada:
- Número de identificación fiscal do museo ou do conello do que depende
- NIF do representante legal do museo ou do cargo do concello responsable da súa xestión
- Acta fundacional do museo ou documento análogo
- Memoria de carácter técnico na que se especifique a localización do museo, inventario de fondos museísticos dos que dispón, relación de actividades desenvolvidas nos últimos 5 anos, actividades que desexaría desenvolver grazas á súa pertenza á rede, e fondos museísticos que estaría dispostos a ceder ademais de indicar en que época do ano se cederían.
Consulta aquí os programas do proxecto:
![]() |
Consulta aquí os modelos de solicitude:
|
Redes sociais do proxecto Morada Atlántica:
![]()



