O proxecto persegue o coidado do litoral de Cedeira e a posta en valor do seu medio natural e recursos asociados, a través de diferentes actuacións de divulgación e sensibilización, así como de fomento da investigación e a conservación, dirixidas a distintos públicos: estudantes, profesionais do sector, investigadores e público xeral, traballará na posta en valor do litoral de Cedeira e, por extensión, do territorio do GALP A Mariña-Ortegal, desde o punto de vista medioambiental e da concienciación de distintos públicos para promover un uso sostible dos recursos naturais, que poña en valor a riqueza ecosistémica da ría de Cedeira cara a garantir o futuro da actividade pesqueira e marisqueira no litoral, centrandose na conservación dos recursos pesqueiros, marisqueiros e acuícolas e á calidade ambiental da zona costeira, coa participación de representantes locais clave nestes ámbitos: a Confradía de Pescadores de Cedeira, a Sociedade Galega de Historia Natural e a asociación medioambiental local ARCE. Realizaranse obradoiros sobre problemáticas ambientais en centros escolares (relacionados co currículo educativo); un Certame no que os estudantes presentarán traballos sobre problemáticas ambientais; unha Xornada sobre este mismo tema, dirixida a público adulto e na que participarán persoas expertas; e, finalmente, desenvolverase un programa de captación de investigacións universitarias sobre as problemáticas ambientais que afectan á biodiversidade do medio mariño e aos propios recursos pesqueiros. Ademais, o proxecto desenvolverá outras tres accións que serán complemetarias das anteriores: deseño de imaxe, accións de promoción e elaboración de material didáctico de apoio.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Coidar a biodiversidade mariña do litoral de Cedeira e os recursos pesqueiros e naturais da súa ría.
- Contribuír á conservación dos recursos pesqueiros, marisqueiros e acuícolas e á calidade ambiental da Ría de Cedeira.
- Divulgar sobre o impacto que supón o cambio climático nos ecosistemas litorais, nas especies e no medio mariño e na propia actividade pesqueira.
- Sensibilizar sobre problemáticas ambientais (residuos, especies invasoras, novas especies...) que afectan aos ecosistemas mariños.
- Mellora da concienciación e sensibilización ambiental, tanto dos escolares (a través dos obradoiros e o certame escolar) como da poboación xeral (a través da divulgación en RRSS e a xornada sobre sostibilidade).
- Fomento da valorización posta do ecosistema mariño e a explotación sostible dos seus recursos, tanto por parte dos profesionais e empresas como dos público xeral, a través das distintas accións de sensibilización, especialmente nos obradoiros e o certame.
- Redución da contaminación derivada do uso do litoral que afecta ao medio mariño e aos recursos pesqueiros grazas ao aumento da conciencia social polo coidado da contorna.
- Aumento da investigación medioambiental en educación superior grazas ao aumento da visibilización da Ría de Cedeira como un espazo propicio para este tipo de estudos mediante o programa de impulso á investigación e a xornada de sostibilidade.
- Incremento de accións sobre problemáticas ambientais que afecten á biodiversidade do medio mariño e aos recursos pesqueiros.
- Deseño dun “caderno medioambiental" que ilustre de forma atractiva, a través de pequenos textos e imaxes, o valor natural do litoral de Cedeira e a súa biodiversidade, os espazos extractivos na vila, os principais ecosistemas presentes na ría, etc. A información repartirase ao longo da libreta, de xeito alterno, deixando espazo para interactuar coas actividades e espazo para notas adicionais. O caderno estará adaptado ao alumnado con necesidades especiais a través de pictogramas, tamaño de letra axeitado e disposición clara dos contidos.
- Obradoiros con escolares sobre problemáticas medioambientais da man de expertos de ARCE e a SGHN.
- Certame escolar concienciación medioambiental no que os estudantes poderán presentar ideas relacionadas coa protección e mellora ambiental, que impulsen a concienciación da defensa da natureza.
- Xornada "SOSTIBILIDADE A TODA COSTA": sobre Medio Ambiente Marino e Litoral de Cedeira. Na execución participarán a SGHN e ARCE, e investigadores que trasladarán a súa experiencia ao territorio. As ponencias versarán sobre a importancia de coidar a contorna e facer un uso sostible dos seus recursos.
- Progra de impulsco/Fomento á investigación universitaria con universidades e grupos de investigación para promover que as persoas estudantes de doctorado, master ou grado fagan os seus traballos de investigación sobre as problemáticas ambientais de Cedeira e de todo o territorio de A Mariña - Ortegal.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 3. Impulso e aproveitamento do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 3.1. Coidar a biodiversidade mariña da zona costeira e manter os recursos pesqueiros das rías.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

