Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A CETARIA - MARISQUERÍA E APARTAMENTOS DE TURISMO SOSTIBLE EN CEDEIRA

O proxecto consiste na diversificación da actividade empresarial de A TRAIÑA PEIXES E MARISCOS S.L., empresa dedicada á comercialización de peixe e marisco, mediante a creación dunha nova liña de negocio vinculada ao turismo mariñeiro e á restauración baseada nos produtos do mar.

A actuación contempla a rehabilitación integral dun edificio de tres plantas situado na vila de Cedeira, destinado á posta en funcionamento de tres apartamentos turísticos de unha chave e dunha marisquería denominada “A Cetaria”, configurando un espazo que combina aloxamento, gastronomía e divulgación da cultura mariñeira. O establecemento ofrecerá elaboracións gastronómicas baseadas en produtos pesqueiros e marisqueiros propios e de proximidade, contribuíndo á promoción das especies locais, da cociña tradicional galega e do consumo de produtos do mar procedentes da pesca artesanal.

Como elemento diferenciador, o proxecto incorporará unha oferta de experiencias turísticas vinculadas ao mar, mediante a creación de paquetes que combinarán aloxamento, degustacións gastronómicas e rutas de interpretación mariñeira. Estas actividades permitirán achegar ás persoas visitantes o coñecemento das profesións do mar, da biodiversidade mariña, das artes de pesca e do patrimonio marítimo de Cedeira, favorecendo un turismo máis sostible, experiencial e respectuoso coa identidade do territorio.

En conxunto, o proxecto contribuirá á diversificación da actividade económica dunha empresa do sector pesqueiro, xerando novas fontes de ingresos complementarias á comercialización de peixe e marisco, reforzando a colaboración entre o sector pesqueiro e o turístico, promovendo os produtos do mar de proximidade e impulsando o desenvolvemento económico sostible da vila de Cedeira e da súa contorna.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2026-00096
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
A Traiña Peixes e Mariscos, SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2026
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
13/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2026 e 2027
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

Cedeira (A Coruña)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
521.182,20 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
521.182,20 €
Total axuda pública aprobada (€): 
200.000,00 €
% Subvención: 
38,3
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
140.000,00 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
60.000,00 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
2
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Obxectivo xeral

Diversificar a actividade empresarial de A TRAIÑA PEIXES E MARISCOS S.L. mediante a creación dun espazo que integre un aloxamento turístico de calidade e un establecemento de restauración especializado en produtos do mar de proximidade, xerando novas oportunidades de negocio vinculadas ao turismo mariñeiro e á economía azul.

Obxectivos específicos

  • Poñer en marcha unha nova liña de actividade económica vinculada ao turismo e á restauración mariñeira, contribuíndo á diversificación da empresa e á dinamización económica do territorio.
  • Crear emprego e favorecer o desenvolvemento socioeconómico da vila de Cedeira mediante a incorporación dunha oferta turística e gastronómica innovadora.
  • Promover e valorizar os produtos da pesca e do marisqueo locais, ofrecendo na marisquería elaboracións baseadas en peixe e marisco de proximidade que destaquen pola súa calidade, frescura e orixe.
  • Integrar o establecemento na oferta turística do territorio mediante a creación de experiencias que combinen aloxamento, gastronomía e actividades relacionadas co patrimonio mariñeiro.
  • Difundir e poñer en valor a cultura mariñeira de Cedeira, dando a coñecer as profesións do mar, as embarcacións tradicionais, as artes de pesca e a biodiversidade mariña.
  • Favorecer un modelo de turismo sostible que contribúa á desestacionalización da actividade turística e á promoción do patrimonio natural e cultural costeiro.
  • Rehabilitar e conservar un inmoble tradicional da vila mariñeira de Cedeira, contribuíndo á recuperación do patrimonio arquitectónico e á mellora da imaxe urbana do municipio.
  • Reforzar a conexión entre o sector pesqueiro e o sector turístico, xerando sinerxías que incrementen o valor engadido dos produtos do mar e da economía local.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Diversificación efectiva da actividade de A TRAIÑA PEIXES E MARISCOS S.L. mediante a posta en marcha de novos servizos de aloxamento turístico, restauración e experiencias vinculadas ao mar, ampliando as liñas de negocio da empresa e reducindo a dependencia exclusiva da comercialización por xunto de peixe e marisco.
  • Consolidación da empresa como un referente na diversificación da actividade pesqueira, demostrando un modelo innovador que integra o sector pesqueiro, a gastronomía e o turismo sostible, incrementando a súa competitividade e rendabilidade.
  • Dinamización da economía local mediante a creación de, cando menos, dous novos postos de traballo estables, contribuíndo á xeración de emprego e ao fortalecemento do tecido empresarial de Cedeira.
  • Incremento da promoción e valorización da cultura marítima e mariñeira, así como dos produtos da pesca e do marisqueo da área GALP A Mariña-Ortegal, a través de experiencias que combinarán aloxamento, degustacións gastronómicas na marisquería e visitas guiadas de carácter marítimo e mariñeiro con persoal especializado.
  • Aumento da notoriedade dos produtos do mar de proximidade, favorecendo o seu consumo e transmitindo ás persoas visitantes o valor da pesca artesanal, da calidade das especies locais e da tradición gastronómica galega.
  • Desestacionalización da actividade turística mediante a creación dunha oferta diferenciada e atractiva durante todo o ano, baseada en experiencias vinculadas ao mar e ao patrimonio costeiro, contribuíndo a incrementar o fluxo de visitantes tamén fóra da tempada estival.
  • Xeración de sinerxías entre os sectores pesqueiro, hostaleiro e turístico, reforzando a economía azul e creando novas oportunidades de desenvolvemento para o territorio.
  • Obtención dun retorno económico que garanta a viabilidade e sustentabilidade da nova liña de negocio, fortalecendo a capacidade de crecemento da empresa e contribuíndo ao desenvolvemento económico sostible da comarca da Mariña-Ortegal.
Principais actividades do proxecto: 

Co fin de acadar os obxectivos establecidos, o proxecto contempla o desenvolvemento das seguintes actuacións:

Actividade 1. Rehabilitación e acondicionamento do inmoble

A actuación principal consiste na rehabilitación e acondicionamento dun edificio de tres plantas situado na vila de Cedeira para a creación dun establecemento turístico integrado por tres apartamentos turísticos de unha chave e unha marisquería denominada "A Cetaria".

A intervención permitirá recuperar un inmoble representativo da arquitectura tradicional dunha vila mariñeira, adaptándoo ás necesidades actuais de accesibilidade, confort e eficiencia, ao tempo que se crea unha infraestrutura destinada a impulsar un modelo de turismo sostible estreitamente vinculado ao mar e aos produtos pesqueiros locais.

Actividade 2. Desenvolvemento de experiencias de turismo mariñeiro

Como complemento á oferta de aloxamento e restauración, deseñarase unha programación de experiencias turísticas vinculadas ao patrimonio marítimo, aos produtos do mar e á cultura mariñeira, dirixidas ás persoas hóspedes do establecemento.

Estas experiencias materializaranse nos seguintes paquetes:

Pack "Aloxamento – Descubrindo o Mar"

Inclúe o aloxamento, unha degustación de produtos do mar na marisquería e unha ruta guiada pola vila de Cedeira centrada na interpretación do patrimonio marítimo e mariñeiro. As visitas permitirán coñecer a historia da pesca local, as profesións do mar, as embarcacións tradicionais, a biodiversidade mariña e os recursos naturais do litoral. Así mesmo, prevese a realización de visitas á Confraría de Pescadores de Cedeira para achegar ás persoas visitantes ao funcionamento da actividade pesqueira e da comercialización do peixe e do marisco.

Pack "Aloxamento – Saboreando o Mar"

Esta modalidade combina o aloxamento cunha degustación gastronómica baseada en peixe e marisco de tempada na marisquería "A Cetaria". Os menús elaboraranse con produtos propios comercializados por A TRAIÑA PEIXES E MARISCOS S.L. e con materias primas de proximidade, promovendo o consumo de produtos frescos, a gastronomía tradicional galega e a valorización das especies capturadas pola frota local.

Pack "Só Aloxamento – Descubrindo a Vila"

Dirixido ás persoas visitantes que desexen coñecer libremente Cedeira e a súa contorna, ofrecendo un aloxamento de calidade integrado nunha vila mariñeira e complementando a oferta turística existente.

En conxunto, estas actuacións configuran unha proposta innovadora de turismo experiencial que combina aloxamento, gastronomía e divulgación do patrimonio mariñeiro, contribuíndo á promoción dos produtos do mar e á diversificación da actividade dunha empresa pertencente ao sector pesqueiro.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 2 . Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 2.1. Incrementar a relación do sector pesqueiro e do produto pesqueiro en actividades de diversificación da zona costeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)