Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

I Premios Economía Azul

Os I Premios Economía Azul son creados pola Consellería do Mar para recoñecer aos proxectos destacados que foron subvencionados no ano 2016 ao abeiro da Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2016.(financiadas polo Fondo Europeo da Pesca) (DOG nº 109 do 9 de xuño de 2016).

Os candidatos foron seleccionados entre os propostos polos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro de Galicia (GALP)

 

 

Cales son as categorías?

banner candidatos 1

Cal é o sistema de votación?

Hai tres proxectos candidatos en cada unha das categorías mencionadas, e podes elixir aos teus proxectos favoritos a través desta web.

Cada persoa poderá votar só a un dos proxectos de cada categoría. O proxecto que reciba maior número de votos en cada categoría será o que resulte premiado

Poderás votar ao teus proxectos favoritos dende o día 2 ao 22 de outubro.

Os premios, que distinguirán aos proxectos más destacados, outorgaranse nun acto que se celebrará o día 27 de outubro. 

Cales son as categorías?

Esta categoría ten como finalidade potenciar aos proxectos que beneficien á pesca costeira artesanal, xa sexan desenvoltos polo propio sector ou que aporten solucións que contribúan a unha mellor xestión dos recursos ou da organización sectorial, ou reforcen o papel do sector nas estruturas de gobernanza dos recursos pesqueiros. Pincha aquí se queres coñecer aos candidatos desta categoría

Esta categoría ten como finalidade apoiar aos proxectos que estimulen a economía das zonas pesqueiras, reforcen o seu atractivo, capaciten ás persoas e promovan o emprendemento, entre outros. Pincha aquí se queres coñecer aos candidatos desta categoría

Esta categoría ten como finalidade promover a diversificación dentro e fora do sector pesqueiro, en particular novas actividades no sector pesqueiro e marítimo, a ligazón do turismo e o sector pesqueiro, e o fomento e aproveitamento do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro, entre outras. Pincha aquí se queres coñecer aos candidatos desta categoría

Esta categoría ten como finalidade impulsar a innovación a nivel local, é dicir novas ideas, novas formas de pensar de facer. A innovación pode adoptar diferentes formas: novos mercados, novos produtos, novos servizos, novos métodos de organización, incluíndo tamén a innovación social.  Pincha aquí se queres coñecer aos candidatos desta categoría