Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A mostra 'O Océano que nos une' poderá visitarse no Acuario do Grove ata o 11 de agosto

 

Hoxe inaugurouse no Acuario do Grove a exposición “O océano que nos une”, unha mostra itinerante da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) encadrada dentro do proxecto de colaboración de todos os GALP de Galicia, Morada Atlántica.

No acto participaron a presidenta do GALP 5, María José Vales Martínez, e a xerente do GALP 5 Ría de Arousa, Rosa Carballo, que fixo unha presentación técnica da Rede REMA. Tamén participaron acto, Ignacio Aguinaga, propietario da instalación; e José Antonio Cacabelos Rico, alcalde do Concello de Grove.

Ao remate do acto, as persoas asistentes tiveron a oportunidade de facer un percorrido guiado pola exposición a cargo de Rebeca Aguinaga, directora do Acuario do Grove.

"O oceano que nos une" poderá visitarse no Acuario do Grove do 1 ao 11 de agosto e continuará percorrendo Galicia ata o mes de novembro. O seu obxectivo é poñer en valor o patrimonio material e inmaterial ligado ao mar.