venres, 21 de Xuño de 2019 - 10:06

Este venres un grupo de 25 escolares de 2º de ESO do IES Félix Muriel de Rianxo, realizaron unha visita á Illa de Sálvora, parte do Parque Nacional Illas Atlánticas, dentro do programa de sensibilización medioambiental A Nosa Ría que o Galp 5 está desenvolvendo nons concellos da Arousa norte.
O alumnado fixo un percorrido polos espazos naturais e tamén a ruta da aldea cunha visita guiada ao interior do pazo; e mesmo puideron darse un baño. Ao remate da actividade, participaron nunha degustación de producto do mar.

