
Esta mañá 70 escolares do CEIP Salustiano Rey limparon o Areal da Pobra do Caramiñal no marco das iniciativas de dinamización que está a desenvolver o Grupo de Acción Local de Pesca Ría de Arousa. Trátase dun programa de carácter medioambiental co que crear conciencia social de cara á conservación das zonas costeiras e co que potenciar a colaboración entre entidades do mesmo territorio na liña dun obxectivo común.
A principal actuación está a ser a limpeza de varias zonas de costa que se desenvolve con escolares, colectivos da terceira idade e colectivos de persoas con diversidade funcional e coa que se pretende divulgar a importancia da non contaminación das zonas costeiras incidindo nos beneficios que eso supón para todo o territorio.
Ata o de agora os dous tipos máis atopados son aqueles residuos que se desprenden das labores do sector pesqueiro (cabos, restos de artes, boyas, etc) e plásticos de moi diferentes tipos (bastoncillos, bolsas, botes, tapóns, …).

