
Esta tarde clausúrase o PROXECTO MAR DAS ILLAS 2: SOSTIBILIDADE E BOAS PRÁCTICAS NA PESCA- TURISMO NO ENTORNO DO PNMTIAG. O acto vaise celebrar a partir das 18:00 no Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo (C/ Concepción Arenal 8). Presidirá o acto a conselleira do Mar, ROSA QUINTANA CARBALLO. Formarán parte da mesa, JOSÉ ANTONIO GOMEZ CASTRO, presidente do GALP Pontevedra; Mª JOSÉ VALES MARTÍNEZ, presidenta do GALP Ría de Arousa; JUAN MANUEL GREGORIO VAQUEIRO, presidente GALP Ría de Vigo A Guarda; JOSE ANTONIO FERNANDEZ BOUZAS, director PNMTIAG; e ALFONSO RUBIO CORDÓN, Secretario Territorial da Delegación da Xunta en Vigo.
O PROXECTO MAR DAS ILLAS
Mar dás illas é un proxecto de cooperación entre os tres Grupos de Acción Local do Sector pesqueiro da provincia de Pontevedra, enmarcado na liña de proxectos de cooperación interterritorial e transnacional dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 segundo as estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP).
O principal obxectivo deste proxecto consiste en PROMOVER A ACTIVIDADE DO TURISMO MARIÑEIRO ENTRE O COLECTIVO DE MARIÑEIROS E OS SEUS FAMILIARES NAS RÍAS BAIXAS DE GALICIA, ESPECIALMENTE NO ÁMBITO DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA ao través da súa formación como intérpretes do patrimonio marítimo-costeiro facendo fincapé no Parque Nacional, de forma que ao mesmo tempo se lles ensine a maneira de mostrar aos visitantes o Patrimonio Natural do Parque.
ESTE PROXECTO PROMOVE A CREACIÓN DE NOVAS INICIATIVAS XERADORAS DE EMPREGO A TRAVÉS DA DIVERSIFICACIÓN DA ACTIVIDADE PESQUEIRA.
Nesta primeira edición contrastouse o interese do sector, xa que na Xornada técnica, que inaugurou a Conselleira de Pesca, Rosa Quintana, tivemos a asistencia de 90 persoas do sector interesadas en diversificar a súa actividade cara ao TURISMO MARIÑEIRO. Desta Xornada levantouse unha acta na que se plasman as inquietudes do sector, así como os resultados dunha enquisa sobre o seu interese en emprender en turismo mariñeiro. Porteriormente foron formados 60 profesionais do mar para ser Guías de Turismo Mariñeiro nas augas do Parque Nacional. Á entrega de diplomas acudiu Susana Carballo, Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, quen manifestou o seu entusiasmo polo proxecto e o seu interese en que a normativa se regularice para realizar a actividade.
Debido á cantidade de solicitudes que recibimos nesta primeira fase do proxecto e o interese dos mariñeiros en ampliar coñecementos sobre Pesca Sostible e valorización do seu produto, cara o turista, decidiuse poñer en marcha a segunda fase, MAR DAS ILLAS 2, un proxecto non produtivo co que se quere elaborar unha Proposta Sectorial de turismo mariñeiro e un Código de Boas Prácticas para a pesca no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, promovendo a Sostibilidade na Pesca – Turismo.
O principal obxectivo do proxecto é promover o desenvolvemento por parte do sector pesqueiro de actividades de diversificación que permitan visibilizar e garantir a sostibilidade das súas prácticas no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a través da formación e da regulación de melloras da comercialización de produtos e servizos da pesca no PNMT das Illas Atlánticas de Galicia.
O reto é, por tanto, conseguir que a práctica das actividades de turismo mariñeiro por parte do sector pesqueiro sexan unha realidade no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia dun xeito regulado e aprobado polas administracións competentes. Para conseguilo, a solución elixida emula a proposta do proxecto GOBPESC, proxecto de cooperación promovida polas confrarías das tres mesmas rías, e pretende levar a cabo unha proposta de regulación sectorial para o turismo mariñeiro no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Ao mesmo tempo o proxecto pretende desenvolver unha das acción do PRUX que pode contribuír á valorización da pesca no ámbito do Parque Nacional mediante o desenvolvemento dun código de boas prácticas que poida chegar a desembocar nun selo de procedencia para os produtos da pesca e o marisqueo realizados neste ámbito.
Un dos productos do Proxecto Mar das Illas é elaborar unha proposta de regulación sectorial do Turismo Mariñeiro:
1. Proposta de regulación sectorial de turismo mariñeiro no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia: Tras o desenvolvemento do proxecto “Mar das Illas Atlánticas”, que serviu para afondar no coñecemento normativo do turismo mariñeiro, cómpre avanzar no proceso de reflexión sobre as diferentes formas de turismo mariñeiro e promover, dende a gobernanza, unha proposta normativa para a regulación da actividade turismo mariñeiro no ámbito do PNMT das Illas Atlánticas asegurando o uso sostible dos recursos e garantindo o correcto estado de conservación ecolóxico do parque nacional e a súa área de influencia.
Nesta nova fase formáronse outros 60 profesionais do mar en Turismo Mariñeiro e 60 en Pesca e Turismo Sostible no PNMTIAG. Actualmente temos formados a 120 profesionais do Mar a espera de unha regulación da normativa, aos que entregaremos os diplomas de asistencia aos cursos de Turismo Mariñeiro e de Pesca e Turismo Sostible no entorno do PNMTIAG.

