Achegar o coñecemento sobre o medio mariño en xeral e, sobre o sector pesqueiro, actividades de confrarías e lonxas en particular ás persoas con autismo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Actividade A
Actividade profesional: Cultivo, extracción e comercialización de especies marisqueiras.
Obxectivo xeral da acción formativa teórico-práctica: realizar actividades de extracción de especies marisqueiras dos bancos naturais de fondo e da franxa rocosa litoral, utilizando as artes adecuadas, así como as operacións de semicultivo definidas polos plans de explotación, respetando a normativa vixente na materia e sobre seguridade laboral, hixiene, protección do medio ambiente e outras.
Actividade B
Obxectivo xeral da acción formativa teórico-práctica: Sensibilizar e infundir os participantes criterios e coñecementos básicos sobre a conciención medioambiental e a recuperación de ecosistemas e do seu entorno máis próximo.
O proxecto é innovador, xa que a día de hoxe non existe ningunha formación específica no ámbito do sector marítimo pesqueiro para persoas con necesidades de apoio como e o caso das persoas con TEA e/ou discapacidade intelectual.
Por outro lado, como se trata dunha experiencia de aprendizaxe , que vai máis alá da adquisición de competencias, a partir de actividades desenvolvidas en entornos reais e en colaboración con outros axentes que van orientadas á mellora das súas vidas.
A metodoloxía de apredizaxe vai supoñer a elaboración de material e/ou ferramentas específicas así como, a utilización das novas tecnoloxías.
As prácticas formativas realizaranse nas propias praias e bancos marisqueiros dos concellos costeiros da Comarca.
Visitarán empresas e entidades públicas relacionadas com mundo do mar e da pesca.
Visita a Illa de Cortegada que forma parte do arquipélago de Cortegada integrado no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
O proxecto vai dirixido ao colectivo de persoas con autismo e/ou discapacidade intelectual entre 16 e 30 anos, se experiencia laboral e escasa formación profesional para o emprego. Son persoas que proceden da educación secundaria, centros de día e centros ocupacionais para persoas con discapacidade, con altos niveis de fracaso escolar e ser recurso de apoio que faciliten o tránsito a diferentes formacións regradas do catálogo nacional de ocupacións profesionais.
Nas actividades poderán participar grupos de voluntarios xa que o proxecto considerase de interes colectivo e de cohesión social.
A realización do proxecto supón un beneficio para o conxunto da sociedade e poderán acceder aos resultados das actividades que serán públicos a aquelas persoas que desexen consultar.
Fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura. Diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.
Fomento do crecemento económico: a formación sobre o sector fará que o rendemento laboral sexa maior e mellor.
Inclusión social: participación das persoas con discapacidade na vida social, económica e cultural da súa comarca, exercendo así un dos seus dereitos.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)