
O promotor do proxecto pretende implantar unha nova actividade turística vinculada á divulgación da tradición mariñeira local e dinamizadora do territorio mediante un novo establecemento turístico: HOTEL RURAL MARINERO "FINCA FONTE SUSÁN".
O novo aloxamento turístico albergará hotel, apartamento-estudio "Casa de abaixo", apartamento-estudio "Lagar" e un hórreo, e se poderá ofrecer os visitantes un novo servicio turístico que contará cunhas 16 prazas de aloxamento:
- Edificio de HOTEL cun total de 10 prazas. Disporá de 6 habitacións, 4 dobres (unha ADAPTADA) e 2 individuais.
- 2 Apartamentos estudio "CASA DE ABAIXO" con 4 prazas en total, unha habitación dobre cada apartamento.
- 1 Apartamento estudio "LAGAR" con 2 prazas en habitación dobre.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Os principais obxectivos a conseguir coa materialización do proxecto "HOTEL RURAL MARINERO FINCA FONTE SUSÁN" son os seguintes:
- Establecer unha nova actividade económica no municipio de RIANXO, aproveitando a sinerxia entre a actividade turística e pesqueira do territorio.
- Valorización da cultura mariñeira e recuperación do patrimonio do territorio coa rehabilitación das edificacións tradicionais existentes na parroquia de Taragoña incluíndo novas alternativas turísticas vinculadas ó mar.
- Creación dun posto de traballo (1ETC)
- Mellorar a competitividade, sostenibilidade e calidade turística do municipio de Rianxo, potenciando a oferta de aloxamento turístico en conexión có sector pesqueiro e as actividades mariñeiras contribuíndo á dinamización do territorio e divulgación do seu patrimonio vinculado ó GEODESTINO "Barbanza-Arousa" e á liña de desenvolvemento turístico de Rianxo "O MAR FEITO TRADICIÓN"
A execución deste proxecto permitirá rehabilitar unhas instalacións en ruína sitas na parcela de Fonte Susán na parroquia de Taragoña, concello de Rianxo, co obxecto de obter os seguintes resultados:
- Novo aloxamento turístico HOTEL RURAL MARINERO "FONTE SUSÁN" que polo seu deseño e accións turístico-mariñeiras permitirá ofrecer un innovador servizo os visitantes favorecendo a inclusividade e accesibilidade. Se ofrecerán 16 novas prazas de aloxamento distribuídas nun edificio con 4 habitacións dobres (unha de elas adaptada) e 2 individuais, una vivenda con 2 apartamentos e un apartamento "Lagar".
- Novas actividades de turismo mariñeiro vinculado xeodestino e a liña de desenvolvemento local "O Mar feito tradición" que permitirá a Dinamización do territorio e reforzo da comunidade costeira, mediante a colaboración con outros sectores da industria pesqueira e marítima para ofrecer actividades turísticas os hóspedes.
- Creación de emprego (1 ETC): creará un posto de traballo coa contratación a tempo completo dunha (1) muller
1º.- REHABILITACIÓN PARA USO DE HOTEL RURAL MARIÑEIRO que denominará "FINCA FONTE SUSÁN"
2º. - DESENVOLEMENTODE ACTIVIDADES VINCULADAS O TURISMO MARIÑEIRO LOCAL E O XEODESTINO "BARBANZA-AROUSA". O promotor do proxecto dispón de Acordos de colaboración co Concello de Rianxo, co sector da industria conservera do territorio (JELOPA, S.L.) e co sector náutico-marítimo (Patrón embarcación 6ª lista Mardora I). A continuación detállanse basicamente estas actividades:
- ACTIVIDADES TURÍSTICAS EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE RIANXO DENTRO DA LÍNEA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL "O MAR FEITO TRADICIÓN". Desde o hotel rural "Finca Fonte Susán" se fomentará o coñecemento do patrimonio marítimo a través dos diversos espacios municipais dedicados á divulgación, estudo e conservación da cultura mariñeira e das xentes do mar de Galicia.
- VISITAS TURÍSTICAS E PROMOCIÓN DOS PRODUTOS DA INDUSTRIA CONSERVEIRA.- en colaboración coa fábrica de conservas "Los Peperetes" situada en Carril - Vilagarcía de Arousa, ofrecerase os nosos hóspedes, para un máximo de 8 persoas, un tour onde poderán visitar o seu obradoiro artesán onde darán a coñecer o seu proceso produtivo e a súa variada gama de conservas de mariscos e pescados. Asimesmo, se disporán para a súa venta nas instalacións no hotel.
- RUTAS TURÍSTICO-MARIÑEIRAS A BORDO DA EMBARCACIÓN "MARDORA I" 6ª VILL-3-7-23. Ofrecerase os hóspedes (máximo de 12 personas por viaxe) a realización de diversas rutas marítimo-culturais pola Ría de Arousa
Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e forma do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas
Promover a diversificación do sector a través de novas actividades ou novos aproveitamentos de recursos, a través da economía circular ou outros
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

