Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mellora das condicións de traballo das persoas asociadas e traballadoras nos bancos marisqueiros e na lonxa da Confraría do Grove

 

O proxecto pretende mellorar a competitividade do sector pesqueiro a través da modernización da subasta de peixe e crustáceos, e tamén realizar accións orientadas á preservación do medio mariño e dos recursos pesqueiros para garantir unha pesca sostible.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONFRARÍA DO GROVE
Datos de interese: 
http://www.cofradiaogrove.es
Perfil empresarial: 
Entidade do sector
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 9 de Xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratéxias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro.
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
06/09/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
14
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
31/10/2019
Ámbito de aplicación: 

Concellos de O Grove e Cambados (Pontevedra)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
154.710,94€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
127.860,28€
Total axuda pública aprobada (€): 
32.867,70€
% Subvención: 
40,3
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
27.937,55€
FEMP (%): 
85
CA (€): 
4.930,15€
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral deste proxecto é mellorar a competitividade do sector pesqueiro, a través da preservación dos recursos nos bancos marisqueiros e protección do medio ambiente.

Este obxectivo está relacionado cos obxectivos específicos do FEMP, posto que a finalidade é o mantemento de postos de traballo no sector do mar, compatibles coa preservación do medio mariño e que melloran a competitividade, o equilibrio e a sostenibilidade (obxectivos da cohesión territorial).

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Con este proxecto preténdese:

  • Mellorar a competitividade da lonxa do Grove, coa modernización do sistema de subasta.
  • Preservación dos recursos marisqueiros nos bancos marisqueiros da Confraría do Grove, a través de traballos de limpeza de algas e traballos de rexeneración.
  • Mantemento de postos de traballo no colectivo de marisqueo a pé.
  • Mellorar o acceso aos recursos nas zonas marisqueiras.
  • Garantir que as actividades e usos no medio mariño sexan compatibles coa preservación da súa biodiversidade.

 

Con este proxecto preténdese manter o emprego existente, xa que coa adquisición de dous tractores poderán facerse traballos de retirada de algas, resembras, etc. Todas estas actividades inciden positivamente na preservación do medio mariño.

Coa adquisición da embarcación as mariscadoras e mariscadores poderán trasladarse a bancos marisqueiros afastados das zonas de traballo habitual nos que poderán extraer semente de ameixa, para logo resembrar en bancos produtivos.

A modernización da subasta logrará fidelizar os clientes actuáis, e que a subasta se realice de maneira mais rápida e sen contratempos.

Todas estas accións lograrán que se manteñan os postos de traballo actuáis no sector do marisqueo e incluso que se creen novos postos.

Principais actividades do proxecto: 
  • Na primeira anualidade vaise modernizar a subasta de peixe e marisco da lonxa do Grove, dotandoa de 4 pantallas, controladora e mandos de parada bidireccional. Tamén se vai adquirir un tractor de 100CV para a limpeza das praias do Concello do Grove, que forman parte das concesións marisqueiras da Confraría de Pescadores do Grove. Estas accións van dirixidas a facer mais competitiva a lonxa do Grove e  lograr a preservación do medio mariño e dos recursos pesqueiros, xa que coa compra do tractor poderán limparse as praias, e polo tanto osixenarase a área para que medren as especies marisqueiras.

 

  • Na segunda anualidade vaise comprar un tractor de 70CV para facer limpeza das praias de Cambados que forman parte das concesións marisqueiras da Confraría do Grove (Saíñas, Correlo, etc). Tamén se vai mercar unha embarcación para a mellora das consicións de mobilidade das mariscadoras e mariscadores a pé. Estas accións buscan acadar os mesmos obxectivos que na primeira anualidade ademáis de facer limpezas e retiradas de especies invasoras como os murícidos (hexaples trúnculos e bonilus brandaris)
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego a tracción de mocidade, en especial a través do valor engadido dos produtos pesqueiros, e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operaciónns de mitigación do cambio climático.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.

1.2. Acadar a incorporación laboral ou profesional da mocidade e a profesionalización do sector pesqueiro.

3.1. Desenvolver medidas que melloren a calidade ambiental da Ría de Arousa.

1.1.2. Mellora da eficiencia na comercialización das producións pesqueiras.

1.2.2. Actuacións orientadas a solventar ás principais problemáticas do sector pesqueiro e o medio mariño.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)