
O presente proxecto de melloras tecnolóxicas e medioambientais radica na implantación de diversa maquinaria e equipamento específico para a fabricación de xeo en escamas nas actuais instalacións do Edificio da Lonxa de Ribeira. Coa adquisición de tres xeradores de xeo de rendemento 5000 kg/24 obteranse unha capacidade de 15.000 kg diarios de xeo en escamas para o seu uso polas empresas comercializadoras locais, nas labores diversas na subasta dos produtos da pesca como o suministro directo a pesca artesanal local de Ribeira.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Implantación de novos procesos
- Respecto medioambiental
- Mellora das condicións de traballo
1. Implantación de novos procesos. A lonxa de Ribeira non dispón de fabricación propia de xeo en escamas para as actividades desenroladas na lonxa. Coa execución deste novo proceso non só mellora a calidade sanitaria dos produtos comercializados da pesca local (mantendo a cadea de frío) senón tamén reduce as contaminacións cruzadas como consecuencia do seu aprovisionamento actual dende o exterior. Con elo favorécese as empresas comercializadoras/transformadoras locais usuarias da lonxa por un suministro de inmediato e de altas prestacións sanitarias e o suministro directo as embarcacións de pesca da Cofradía de Pescadores de Ribeira nas tarefas complementarias de cargas e descargas a lonxa nos puntos de amarre.
2. Respecto medioambiental co uso de refrixerante natural R744 na instalación frigorífica da xeración de xeo cun potencial de esgotamento de capa de ozono nulo.
3. Mellora das condicións de traballo evitándose cargas pesadas coa motorización de porta e plataforma hidráulica de 750 kg.
1.- Fábrica de xeo en escamas
2.- Automatización cámara frigorífica de refrixeración
3.- Plataforma elevadora
Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Promover a diversificación do sector a través de novas actividades ou aproveitamentos de recursos a través da economía circular
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

