Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Ría de Arousa organiza o martes 21 de xullo a terceira sesión de formación dirixida ás mulleres que desenvolven a súa actividade profesional no mar

Nesta xornada traballaremos estratexias para falar en público e desenvolver habilidades para o liderado.

 

Despois do bo desenvolvemento das dúas xornadas anteriores, o martes 21 rematan as sesións de formación, cunha actividade dirixida a fortalecer as capacidades de liderado e para falar en público. Mediante dinámicas prácticas poremos a proba estas habilidades, identificando os puntos fortes de cada unha.

 

A sesión terá lugar no Pazo Vista Real (Vilanova de Arousa), o día 21 de xullo, entre ás 18h e ás 21h. Se o tempo acompaña, traballaremos ao aire libre. A inscrición á xornada é de balde, pero é preciso confirmar asistencia para poder garantir as medidas de seguridade. Podes inscribirte no 627096062 ou no correo dinamizacionmulleresarousa@gmail.com

 

O convite a participar é aberto a todas as mulleres do mar, tendo en conta distintos perfís profesionais: armadoras, redeiras, mariscadoras, conserveiras, bateeiras, biólogas, praceiras... así como mulleres que forman parte de xuntas directivas, asociacións e postos de xerencia e administración de empresas relacionadas co sector pesqueiro. Canta mais diversidade, máis interesante é o grupo, polo que convidamos a participar e a compartir esta información con outras compañeiras que poidan estar interesadas.

Dende o GALP Ría de Arousa, animámosvos a todas a participar, agradecendo a boa acollida que tiveron estas xornadas entre as participantes!!!!!