xoves, 14 de Setembro de 2023 - 03:09

O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Arousa (GALP) está a organizar un obradoiro no marco de O Sal do Mar, un programa para reforzar o papel das mulleres do mar de Arousa.
O día 28 de setembro, entre as 18:00 e as 20:30h, xuntarémonos no Pazo Vista Real (Vilanova de Arousa) nun obradoiro no que poñer en práctica as nosas habilidades para comunicarnos e reforzar as capacidades de liderado.
Gustaríanos moito contar con vos, e convidámosvos a difundir este obradoiro entre as vosas compañeiras e animalas a participar. Podes confirmar a túa inscrición no correo electrónico dinamizacionmulleresarousa@gmail.com.
Estamos encantadas de ter a oportunidade de xuntarnos de novo.
