
Dende décadas a confraría e o concello de Rianxo veñen traballando conxuntamente na promoción dos produtos do mar de Rianxo e en especial da Xouba mediante eventos que se veñen repetindo ano tras ano. Neste senso, se trata de dar un salto de calidade e se cabe fortalecer aínda mais dita colaboración.
A Confraría e o Concello de Rianxo está apostando pola diferenciación dos seus produtos, e para acadar este obxectivo está a desenvolver un plan para a mellora da comercialización da xouba capturada de xeito artesanal coa arte do xeito. A xouba capturada de xeito artesanal goza dunha gran fama, o que lle confire un potencial comercial moi elevado. Para tratar de mellorar a súa comercialización e mellorar a súa promoción, a Confraría e o Concello de Rianxo buscan a distinción deste produto
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
1.- Creación dunha marca colectiva que diferencie a xouba capturada coa arte do xeito e mellora a súa trazabilidade así como a promoción desta especie coa colaboración entre entidades.
2.- contribuír a mellora dos prezos mediante campañas de promoción
3.- Xestionar e reducir os conflitos, na medida do posible, entre os diversos sectores e actores do proxecto.
4.- Reforzo do papel da comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da comercialización dos recursos pesqueiros, estratexia de mantemento de empregos no sector pesqueiro
1.- Incremento do valor engadido do produto obxecto do proxecto repercutindo este directamente nos produtores de base.
2.- Mellora da trazabilidade
3.- Reforzo da seguridade alimentaria.
4.- Reforzo da competitividade no mercado.
5.- Mellora da calidade da información
6.- Aumenta o compromiso pola sustentabilidade dos pescadores/as e mariscadores/as así como unha maior responsabilidade na xestión e comercialización.
7.- Contribúe a asegurar o relevo xeracional e ao asentamento da poboación no territorio creando riqueza.
8.- afianza a colaboración entre entidades.
Para acadar estes obxectivos levaranse a cabo varias accións, que se describen nos seguintes apartados.
• Creación dunha marca colectiva e a súa identidade corporativa.
• Elaboración dun regulamento de usos da marca.
• Implantación do sistema de validación das etiquetas
• Implantación do sistema de comprobación das etiquetas por parte dos consumidores e/ou comerciantes a través da web.
• Implantación do sistema de trazabilidade para o produto en conserva.
· Campaña de promoción mediante cartelería, dípticos
Ditas actividades se van a desenvolver en dúas anualidades 2021 e 2022 correspondendo a Confraría a execución da Marca e ao concello a campaña de promoción desta
Otros Cooperación
Enmárcase nos obxectivos específicos:
5.1.: “Acadar maiores índices de participación e implicación do sector no desenvolvemento sostible da zona costeira”
6.1.: “Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)