
Presentouse en Madrid a Ruta dos Faros de Galicia, un proxecto que implic a 76 municipios da costa galega a través dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia (GALP), e que ten como principal obxectivo “potenciar a gastronomía de Km0 e as actividades turísticas organizadas polas máis de 250 profesionais do mar, da gastronomía e do turismo que participan na Ruta dos Faros”.
A Ruta dos Faros de Galicia é un novo produto turístico que propón gozar de toda a costa galega, unindo as Rías Altas coas Baixas, a costa cantábrica e a atlántica por estrada realizando o itinerario completo (1.175 km) ou elixindo calquera dos oito itinerarios propostos polos seus organizadores a través da súa páxina web. Propón ao visitante dous posibles itinerarios. Por unha banda, realizar o percorrido completo que abarca 1.175 quilómetros de costa en calquera dos seus dous sentidos (desde Ribadeo, no límite con Asturias, ata A Guarda, na fronteira con Portugal) ou á inversa.
“Para aqueles que busquen unha experiencia máis intensa, convidámoslles a vir agora que empeza o inverno: sentir como rompen as ondas desde o alto dun cantil; pasear por inmensos areais en compañía só das aves ou gozar dos sabores da gastronomía do inverno”, indicou durante a presentación Roberto Sueiro, Técnico de Turismo e Responsable do proxecto. Esta segunda opción pode ser realizada tanto por estrada como en bicicleta.
O principal atractivo da Ruta dous Faros é que permite a cada visitante elixir libremente o itinerario que desexa seguir en función do tempo dispoñible, das súas necesidades e do punto de partida escollido. Un dos eixos esenciais son as “Actividades Mariñeiras” que propoñen experimentar en primeira persoa o traballo diario das xentes do mar e posteriormente degustar o peixe e marisco.
A ruta propón ademais unha selección de “50 paradas imprescindibles” a través dos cales o visitante explorará fermosas praias salvaxes, vilas señoriales e aldeas mariñeiras, que son aceno de identidade desta comunidade autónoma, e miradoiros infinitos desde onde é posible divisar as impoñentes rías galegas ou os tradicionais pazos.

