Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Profesionais do sector pesqueiro visitan centros escolares de toda Galicia para resolver dúbidas e incentivar o relevo xeracional no mar

Visitas profesionais a centros escolares no programa Relevo2

 

No marco do programa Relevo2, profesionais do sector pesqueiro realizaron visitas a diferentes centros de ensino de localidades galegas para incentivar o relevo xeracional no mar, resolvendo dúbidas sobre cuestións prácticas como a formación necesaria ou as remuneracións.

Para o alumnado é moi importante ter contacto directo coas persoas do sector e con aquelas que desenvolven traballos e ocupan postos aos que se fai referencia nestes encontros. Desta forma, entran en contacto directo con referentes, a quen facer preguntas e con quen resolver dúbidas.

Todas as visitas son de interese para o alumnado e o que máis lles chama a atención son os salarios e, sobre todo, saber que deben completar unha formación específica para acadar certos postos.

Visitas en diferentes GALP

Nestas primeiras semanas de posta en marcha do proxecto, xa foron varias a visitas organziadas en diferentes centros de ensino localizados nos territorios dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) impulsores da iniciativa.

Manuel Suárez, xerente de ACERGA (Asociación de Armadores de Cerco de Galicia) e traballador na lonxa de Sada. Pertence ao territorio do GALP Golfo Ártabro Sur e falou en dous institutos (o IES O Mosteirón e IES Isaac Día Pardo de Sada) sobre o seu traballo, cal é a súa formación e detalles sobre algunhas remuneracións salariais de diferentes postos no sector pesqueiro.

Manuel Suarez

Miguel Iglesias, patrón maior da Confraría de Rianxo. Pertence ao GALP Ría de Arousa e estivo no IES Félix Muriel de Rianxo. Alí falou sobre as saídas profesionais do sector, a remuneración que pode percibir un mariscador ou bateeiro e sobre as titulacións e certificados que hai que obter para poder desempeñar ese traballo.

Miguel Iglesias

Miguel Estévez, mariscador a pé e vicepatrón da Confraría de Miño. Pertence ao GALP Golfo Ártabro Norte. Visitou o IES Breamo de Pontedeume, no que, ademais de falar sobre o seu oficio, achegou datos sobre os salarios, o seu día a día e os requisitos precisos para a obtención dos carnés e certificados necesarios.

Miguel Estevez

Ignacio, gardapescas na Confraría de Celeiro. Pertence ao GALP A Mariña Ortegal e estivo no IES Vilar Ponte de Viveiro explicando os pasos qué preciso dar para ser gasdapescas, que titulacións son precisas e que diferencia hai cos gardacostas. Tamén sinalou cal é o salario aproximado, así como as funcións e o territorio no que profesionais com el teñen competencias.

Ignacio

Pola súa parte, Severino Casal, vicepatrón da Confraria de Redondela, e tamén representante de Amarturmar Turismo Marinero, foi outro dos profesionais que participou nas visitas do programa Relevo2, neste caso no IES Mendiño de Redondela, no territorio do GALP Ría de Vigo A Guarda.

Severino Casal

Simón Sabarís, da Confraría de Pescadores de Portonovo, no Concello de Sanxenxo, estivo no Colexio Plurilingüe Abrente, no territorio do GALP Ría de Pontevedra, Foi unha visita moi interesante, falando da sua experiencia de vida e da sua paixón polo mar.

Simon Sabaris

A segunda edición do programa Relevo busca achegar o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola ao alumnado de 4º de E.S.O., a fin de que coñeza as saídas profesionais e todo o que este sector lle ofrece na nosa comunidade.

Está desenvolvido polo GALP Ría de Arousa, xunto cos GALP Ría de Pontevedra, GALP Ría de Vigo A Guarda, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Golfo Ártabro Norte e GALP A Mariña Ortegal.