martes, 13 de Maio de 2025 - 10:05

O GALP Ría de Arousa foi seleccionado pola Rede Española de Grupos de Pesca ao recoñecemento por dous Proxectos:
- Proxecto "Rederas", proxecto conxunto presentado polo Concello de Cambados, Cofradía de Pescadores de Cambados e a Asociación Mulleres Salgadas. Consistía en impartir formación de reparación de redes de Pesca, para promover un relevo xeracional neste sector.
- Proxecto "Relevo Xeracional", proxecto de cooperación de varios grupos galegos que persigue promocionar ao Sector pesqueiro para garantir a súa continuidade no tiempo e que foi liderado polo Galp Ría de Arousa.
Recolle os recoñecementos o Presidente deste GALP no Congreso de Desenvolvemento Local Participativo que está tendo lugar en Tenerife do 12 ao14 de maio de 2025.

- - MOITAS GRAZAS - -

