Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

RELEVO XERACIONAL: Proposta formativa para a capacitación das mozas e dos mozos na busca do relevo xeracional no sector pesqueiro

Capacitación das mozas e dos mozos na busca do relevo xeracional no sector pesqueiro galego, a través da formación para o seu mellor coñecemento dos recursos locais relacionados co sector pesqueiro : patrimonio natural e cultural,  turismo marítimo e pesqueiro, produtos da pesca, etc)

Trátase de fomentar o espíritu emprendedor e tentar que a poboación estableza a súa vida laboral e económica no litoral e conseguir o relevo xeracional no sector pesqueiro

Datos xerais
Acrónimo: 
RELEVO2020
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
GALP Ría de Arousa
Datos de interese: 
Outras entidades participantes: GALP A Mariña Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Seo Fisterra, R.Muros Noia Costa Sostible, GALP Golfo Ártabro Sur
Perfil empresarial: 
Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 3 de agosto de 2016 da Consellería do Mar (DOG nº 166, do 02.09.2016) Orde do 13 de decembro de 2019 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2020 para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva a
Convocatoria - ano: 
2020
Data de aprobación: 
13/05/2020
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
14
Anualidades: 
2020-2021
Data fin de execución: 
30/12/2021
Ámbito de aplicación: 

O proxecto abarca unha ampla zona do litoral galego, con influencia nun total de 50 concellos, integrados en 5 grupos do total dos 8 GALPs existentes na comunidade galega.

 Os municipios que forman parte destes 5 GALPs son os seguintes:

GALP A Mariña Ortegal: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño.

GALP Golfo Artabro Norte: Ferrol, Neda, Fene, Narón, Ares, Mugardos, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne.

GALP Golfo Artabro Sur: Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo.

GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia. Costa Sostible: Fisterra, Corcubión, Cee, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia, Porto do Son.

GALP Ría de Arousa: Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Catoira, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Illa de Arousa, Cambados, Ribadumia, O Grove.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
76.480,50€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
76.480,50€
Total axuda pública aprobada (€): 
76.480,50€
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
65.008,43€
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
11.472,07€
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
45
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

 

Obxectivo xeral:  Buscar o relevo xeracional no sector pesqueiro galego a través dunha ferramenta común: a capacitación das mozas e mozos dos diferentes territorios a través da súa formación e do mellor coñecemento dos recursos locais (patrimonio natural e cultural, turismo, produtos da pesca, etc), para estar mellor preparados para aportar e incorporarse ao sector pesqueiro

 

 

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

 

  1. Un maior nº de xovenes formados e capacitados para formar parte e poder acceder ao sector pesqueiro.

 

  1.  Maior número de propostas de conservación e mantemento dos recursos locais, obtidas a través das propostas finais do alumnado nos seus traballos do programa formativo.
Principais actividades do proxecto: 

 

  1. Seminarios: participarán ata 15 mozos e mozas de cada GALP participante en cada un dos dous bloques formativos considerados (de 4 meses de duración cada un) A través deles traballaranse o coñecemento do sector pesqueiro, o tecemento de redes asociativas e o emprendemento activo.
  2. Tutorías individualizadas: seións con cada alumno/a por separado para coñecer o seu perfil. Deste xeito encamiñar a formación á capacitación de xóvenes en busca dun relevo nos postos produtivos do sector primario e tamén a posibles emprendedores
  3. Saídas de campo para estudo dos recursos locais en cada un dos territorios de interese no marco do que persigue este proxecto.
  4. Encuentros con mozas e mozos con experiencia no sector pesqueiro.
  5. Visitas para o coñecemento dos recursos do sector pesqueiro noutros GALP de Galicia.
  6. Visita de estudo nacional: 15 persoas poderán visitar a Escola de formación de carpintería de ribeira Albaloa, o IES Náutico Pesquero de Pasaia, o  Centro de Interpretación Txingudi Ekoetxea e outros proxectos de GALPs do País Vasco.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Desenvolvemento sostible

Conservación, protección e mellora da calidade e do medioambiente

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivos específicos:

  1. Facilitar espazos de posta en común, en relación ao sector pesqueiro, para mozas e mozos do territorio que teñen inquietudes e obxectivos comúns e moito que aportar nos eidos pesqueiro e social.

 

  1.  Sensibilizar aos xóvenes na importancia do sector pesqueiro no desenvolvemento territorial e a súa repercusión no patrimonio, desenvolvemento turístico e oferta gastronómica.

 

  1. Continuar apoiando a profesionalización do sector pesqueiro e fomentando a innovación para que se siga a manter como un motor da nosa economía a través da creación de emprego, apoio á empleabilidade e/ou da inclusión social.

 

  1. Poñer de manifesto a importancia de preservar os recursos e zonas costeiras e de loitar en contra do cambio climático.

 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)