Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Seis GALP de Galicia presentan o 8 de setembro unha nova edición do seu programa de relevo xeracional no sector do mar

Convocatoria presentacion programa Relevo 2

 

O GALP Ría de Arousa, xunto cos GALP Galp Ría de Pontevedra, Galp Ría de Vigo - A Guarda, Galp Golfo Ártabro Sur, Galp Golfo Ártabro Norte e GALP A Mariña Ortegal, presentará o 8 de setembro ás 11:00 h no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, a segunda edición do programa Relevo, que busca achegar o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola ao alumnado de 4º de E.S.O., a fin de que coñeza as saídas profesionais e todo o que este sector lle orfece na nosa comunidade.

Ademais das persoas representantes de cada GALP promotor, ao acto asistirán a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez; o presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores, Basilio Otero; e a presidenta do GALP Ría de Arousa, María José Vales.

Durante a presentación realizarase unha breve descrición do proxecto, explicando os seus obxectivos e as súas principais características, incluíndo a previsión de centros participantes e un esquema xeral dos contidos do programa, que se desenvolverá durante o curso académico 2021-22. O acto rematará cunha degustación de produtos do mar.

As persoas que desexen asistir deberán enviar o seu nome completo e DNI ao seguinte enderezo electrónico e comprobar dispoñibilidade de aforo: info@relevo2.org