mércores, 28 de Novembro de 2018 - 05:11

Hoxe o programa de educación medioambiental fixo parada na praia das Sinas onde as alumnas e alumnos do CEIP San Roque de Corón realizaron unha actividade de recollida e clasificación do lixo que atoparon no areal para concienciarse da importancia de limitar o consumo de plásticos e responsabilizarse de separar e reciclar correctamente os residuos.

