Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada de formación e networking do proxecto Cociña Atlántica

 

Dende os GALP Ría de Pontevedra, GALP Ría de Arousa e GALP Ría de Vigo - A Guarda convidámolo a asistir á Xornada de formación e networking promovida no marco do proxecto Cociña Atlántica, á que vostede pertence.

O obxectivo desta experiencia é o de por en valor o bo aproveitamento dos produtos do territorio, coñecer propostas para chegar ao consumidor e achegarse ao mundo do márketing no eido da restauración.

Prégase confirmación de asistencia:

tel: 981 285 483

correoinfo@cocinaatlantica.com

Non esqueza vir á xornada con tarxetas de visita para conseguir os mellores contactos.

PROGRAMA DA XORNADA

16:30 h.  Recepción e entrega de documentación

17:00 h.  Márketing e hostalaría: atraer e fidelizar clientes

17:30 h.  A xestión dos comentarios positivos e negativos nas redes sociais

18:00 h.  Showcooking con produtos do territorio e networking

19:30 h.  Fin da xornada