xoves, 23 de Febreiro de 2017 - 11:02

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro organizou unha xornada formativa na Escola Galega de Administración Pública para presentar as utilidades da nova web dos GALP.
Na mesma, os asistentes recibiron información sobre como introducir contidos, novas e eventos na páxina que pronto estará dispoñible na rede.
Á xornada, que foi presentada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, asistiron representantes de todos os GALP galegos.