
A empresa pretende mellorar a súa competitividade a través da modernización, ampliando o seu negocio para poder captar un maior número de novos clientes e mellorar o servizo aos clientes xa existentes. Vaise instalar unha cámara frigorífica de paneis desmontables con equipo de frío no almacén que a empresa ten no porto de Celeiro. Mellorarase a xestión administrativa e o sistema de trazabilidade coa instalación de equipos informáticos e programas de xestión tanto no almacén de Celeiro como no almacén que a empresa ten no posto de Cedeira. Así mesmo, vaise adquirir un vehículo con cámara frigorífica que permita o transporte dos produtos pesqueiros nunhas condicións óptimas de temperatura.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Reforzar a posición social do sector pesqueiro e marisqueiro na comunidade.
Mellorar a identificación e calidade dos produtos marisqueiros e pesqueiros da zona.
Poñer en valor os produtos pesqueiros locais.
Garantir a comercialización de produtos do mar en estado de conservación óptimo e unha boa trazabilidade.
Contribuír á xestión eficaz e sostible dos recursos pesqueiros da zona.
Mellora da competitividade do sector pesqueiro da zona.
Mantemento de emprego: 3,5 ETC.
Adquisición e instalación dunha cámara frigorífica de paneis desmontables no centro de traballo do Porto de Celeiro en Lugo, para aumentar a capacidade do almacén e mellorar a competitividade da empresa.
Adquisición e instalación de equipos informáticos e programas de xestión nas oficinas centrais da empresa, para poder dar un mellor servizo aos seus clientes, xa que actualmente estase a realizar a trazabilidade de forma manual a través dunha folla de calculo, e cos novos programas de xestión levarase a cabo cun programa especializado e automaticamente.
Adquisición dun vehículo de transporte de mercancía con cámara frigorífica, para facilitar o transporte do produto pesqueiro e garantir a súa calidade e a cadea de frío.
1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en tódalas fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1: Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

