
O proxecto dotará a cidade de Viveiro dun produto vacacional actualmente escaso mediante a apertura de 30 apartamentos para vacacións na primeira liña da Praia de Covas.
Os apartamentos estarán situados nun único portal dun moderno edificio que conta con ascensores, conexión a internet, wifi gratuíta, prazas de garaxe con acceso directo dende o apartamento e piscina cuberta colectiva.
A empresa, ademais potenciará entre os seus clientes actividades de turismo mariñeiro como, por exemplo: rutas de sendeirismo, actividades náuticas, visitas a museos..., que levarán a cabo empresas da zona.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Promover o crecemento económico da zona a través da implantación dun novo servizo de calidade, onde as familias que nos visitan poidan pasar as súas vacacións.
Ofrecer un servizo de calidade ao turista, no que se incentiven as actividades dun turismo activo co fin de conseguir unha desestacionalización e incrementar o número de visitas noutras épocas do ano que non sexan as estivais.
Creación de emprego estable.
Implantación negocio que potenciará indirectamente outros negocios da zona.
Creación de empregos directos.
Acondicionamento de apartamentos: instalación de servizos, mobiliarios e decoración
Dotación de equipamento enxoval e electrodomésticos.
Programa informático para xestión dos apartamentos
Obxectivo 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Obxectivo 2.2. Crear e consolidar unha imaxe de marca do territorio da Mariña-Ortegal
Obxectivo 2.3. Facer da Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)