
Proxecto conxunto promovido por unha entidade do sector pesqueiro e outra do sector público, que persegue a visibilidade da calidade diferencial da pesca de baixura e do marisqueo, da súa sustentabilidade e relevancia do sector na Vila de Cedeira, que precisa despegar e potenciarse mediante unha campaña transversal de comunicación, a través de varias actividades:
Estratexia de comunicación e deseño de marca e manual de identidade corporativa, creación de audiovisuais e vídeos do proceso de extracción e trazabilidade, eventos de demostración gastronómica dirixidos aos profesionais e ao público en xeral, regatas de traiñeiras e accións de carácter didáctico en colaboración coa Asociación Mares de Cedeira.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Incremento da calidade diferencial dos produtos da pesca de baixura e marisqueiros.
- Dignificación dos oficios do mar e fomento do relevo xeracional.
- Facilitar a desestacionalización do turismo, coa interacción do sector pesqueiro e hosteleiro
- Mellora das condicións de traballo no sector
- Fomento da cooperación e colaboración entre os distintos axentes sociais.
- Incremento de valor dos produtos e percepción de calidade polo público en xeral
- Revalorización do sector do mar e atracción de novas incorporacións que fomenten o relevo xeracional
- Colaboración entre os axentes sociais
Vanse levar a cabo as seguintes actividades:
1.- Estratexia de comunicación e deseño de marca e manual de identidade corporativa (misión, visión e valores consensuados polo sector da baixura e o marisqueo).
2.- Creación de audiovisuais e vídeos do proceso de extracción e trazabilidade, que terán un cometido non só promocional e de recuperación dun sector en crise, senón tamén didáctico.
3.- Eventos de demostración gastronómica dirixidos aos profesionais e ao público en xeral (sesións de showcooking nas que se implique ao sector hostaleiro, evento de exaltación de produtos como a Festa da Pescada da Volanta).
4.- Regata de traiñeiras como evento de promoción das artes de pesca tradicionais e visibilidade da campaña en base aos valores deseñados no plan de comunicación, coa participación do sector.
5.- Accións de carácter didáctico en colaboración coa Asociación Mares de Cedeira, que se realizarán no proio Museo da entidade e nos centros educativos da localidade. O proxecto contempla tamén un servizo especializado en apoio á coordinación
1.Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1.-Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

