
O proxecto contémplase como un conxunto de accións encamiñadas á recuperación e visibilización do patrimonio e cultura mariñeiras. Este proxecto está dividido en catro fases:
Fase I. Realización dun diagnóstico inicial: análise da situación da fundación EXPOMAR, e a elaboración dun informe de diagnose sobre a situación actual de dita entidade.
Fase II. Accións de valorización da cultura e o patrimonio vinculado ao mar: constitución dun repositorio de artes de pesca, inventariado e banco de imaxes, elaboración dun catálogo de especies de flora e fauna da Mariña e organización dun ciclo de charlas en centros educativos de Burela.
Fase III. Celebración de eventos de sensibilización da poboación: organización en Burela do congreso infantil denominado "Conservemos o noso mar" e organización do "I Congreso Nacional de Artes de Pesca de Burela".
Fase IV. Accións de información e comunicación online, labores de gabinete de prensa e comunicación.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Constituír un centro de coñecemento sobre o patrimonio e a cultura mariñeira, converténdose nun recurso que axude a captar fluxo turístico en épocas de baixa demanda, reducindo a estacionalidade do sector e incrementando as oportunidades de negocio relacionadas co sector pesqueiro e o turismo.
Facer participe á poboación na valorización do seu patrimonio relacionado co mar, no uso responsable do mesmo e nos métodos de promoción e divulgación patrimonial.
Implementar ferramentas que axuden á transmisión de información e coñecemento, achegando aos mozos e mozas da contorna a cultura vencellada ao mar.
Contribuír ao desenvolvemento do sector pesqueiro, e incidir de xeito positivo no desenvolvemento sostible das zonas de pesca, posicionando á Fundación EXPOMAR como un claro referente para o mundo do Mar.
Apoiar na mellora da competitividade nas zonas de pesca e diversificar a oferta existente a través de actividades que poñan en valor e que promovan o coñecemento sobre o sector pesqueiro.
Acadar unha sociedade concienciada cara a cultura e os oficios mariñeiros, con especial fincapé nos mozos e mozas, incidindo polo tanto no relevo xeracional.
Contratación dunha Asistencia Técnica para a organización e o desenvolvemento do proxecto.
Actividade 1: Realización dun diagnóstico inicial.
Actividade 2: Accións de valorización da cultura e o patrimonio vinculado ao mar.
Actividade 3: Celebración de eventos de sensibilización da poboación.
Actividade 4: Accións de información e comunicación.
4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
4.1 Aumentar o patrimonio marítimo costeiro recuperado e posto en valor.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

