
Con Sentidiño é un centro de lecer para nenos e nenas e 1 a 12 anos e as súas familias. Un espazo de xogo onde primarán o uso de materiais naturais co fin de favorecer a creatividade, imaxinación e experimentación dos máis pequenos. Un espazo onde levarán a cabo obradoiros e actividades tanto para os nenos como para as súas familias coa posta en valor dos recursos naturais, a importancia do patrimonio cultural e as tradicións mariñeiras, para o desenvolvemento dunha identidade propia da zona. Preténdese facilitar aos nenos o contacto co idioma galego e coa nosa cultura, contacto que reforzará a aprendizaxe do ámbito familiar e que en moitas ocasións supoñerá o primeiro contacto coa lingua propia de Galicia.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-Posta en valor do patrimonio costeiro -Reforzo da cultura asociada ao mar -Concienciación e sensibilización da necesidade de coidar e preservar a contorna natural e patrimonial entre os máis pequenos. -Conciliación da vida familiar e laboral. |
-Diversificar as actividades económicas da zona.
-Creación de emprego
-Coñecemento do patrimonio cultural da zona e as tradicións mariñeiras.
-Posta en valor da riqueza patrimonio natural
-Creación de sinerxías con outras entidades do territorio que desenvolvan actividades sobre a cultura mariñeira e conservación patrimonio.
-Acondicionamento local
-Dotación de material didáctico e lúdico
-Aloxamento web, redes sociais, xeolocalización
Obxectivo 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Obxectivo 6: Fomento da cooperación.
Obxectivo 3.1- Dotarse de novos instrumentos que garantan un maior coidado do medio natural e mariño.
Obxectivo 6.1-Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e o desenvolvemento das zonas pesqueiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)