Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

CODIGO AUGAS DIVERSAS

O proxecto consiste no desenvolvemento dunha experiencia educativa innovadora dirixida á mocidade, orientada a achegar o coñecemento do sector pesqueiro e acuícola, poñer en valor a súa importancia económica, social e ambiental e fomentar a inclusión social a través da sensibilización sobre a diversidade funcional.

A iniciativa desenvolverase tomando como referencia o entorno marítimo-pesqueiro da Mariña Lucense e Ortegal, dando a coñecer as oportunidades profesionais que ofrece o sector, os seus itinerarios formativos e as competencias necesarias para o seu desenvolvemento, con especial énfase na innovación, a dixitalización e as novas tecnoloxías aplicadas á economía azul.

O proxecto empregará metodoloxías activas e participativas, baseadas en dinámicas gamificadas tipo escape room, que favorecen a aprendizaxe experiencial, o traballo en equipo e a resolución de problemas. Ao mesmo tempo, promoverá valores como a empatía, a igualdade de oportunidades e a inclusión das persoas con diversidade funcional, contribuíndo á formación dunha mocidade máis sensibilizada e comprometida cun sector pesqueiro moderno, sostible e inclusivo.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2026-00218
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Asociación Guillem Veiga Iglesias
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2026
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
13/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Barreiros (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
33.014,21 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
32.923,44 €
Total axuda pública aprobada (€): 
32.923,44 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
23.046,41 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
9.877,03 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto ten como finalidade achegar a mocidade ao sector marítimo-pesqueiro e acuícola, promovendo o seu coñecemento, a inclusión social e a formación en valores, ao tempo que contribúe á valorización da economía azul e ao desenvolvemento sostible do territorio.

Os principais obxectivos son:

  • Fortalecer a conexión entre a mocidade e o sector marítimo-pesqueiro, dando a coñecer as actividades profesionais vinculadas ao mar e as oportunidades que ofrece a economía azul.
  • Difundir as profesións relacionadas co sector marítimo-pesqueiro e os seus itinerarios formativos, visibilizando as competencias profesionais, dixitais e tecnolóxicas necesarias para favorecer a empregabilidade e o relevo xeracional.
  • Promover a colaboración entre confrarías, centros educativos, entidades sociais e culturais e outros axentes do territorio para impulsar iniciativas de inclusión social, cohesión territorial e orientación profesional.
  • Fomentar a innovación e o uso de novas tecnoloxías como ferramentas de aprendizaxe, sensibilización e desenvolvemento de competencias vinculadas ao sector marítimo-pesqueiro.
  • Reforzar os valores de corresponsabilidade, participación cidadá, respecto polo medio mariño e compromiso co desenvolvemento sostible.
  • Sensibilizar sobre a diversidade funcional e promover a igualdade de oportunidades, favorecendo unha visión inclusiva do sector marítimo-pesqueiro e da sociedade.
  • Potenciar a convivencia, o respecto, a empatía e a apertura cara á diversidade, contribuíndo á formación dunha mocidade máis comprometida cun territorio inclusivo, sostible e socialmente responsable.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Incremento do coñecemento e do interese da mocidade polo sector marítimo-pesqueiro e acuícola, mellorando a súa percepción como un ámbito innovador, sostible e con oportunidades de desenvolvemento profesional.
  • Maior difusión das profesións vinculadas ao mar, dos itinerarios formativos e das competencias profesionais e dixitais necesarias para favorecer o relevo xeracional e a empregabilidade no sector.
  • Promoción de valores de inclusión, igualdade de oportunidades e respecto á diversidade funcional, fomentando a empatía e a accesibilidade como elementos fundamentais dunha sociedade e dun sector máis integradores.
  • Sensibilización sobre a conservación da biodiversidade mariña, o uso responsable dos recursos e a importancia do sector pesqueiro e acuícola na sustentabilidade ambiental, na cultura alimentaria e no desenvolvemento económico do territorio.
  • Incremento da participación da mocidade en actividades educativas innovadoras baseadas en metodoloxías activas, gamificación e ferramentas tecnolóxicas, favorecendo a aprendizaxe experiencial e o traballo colaborativo.
  • Fortalecemento da colaboración entre confrarías, entidades sociais, centros educativos e outros axentes do territorio, promovendo redes de cooperación que contribúan á inclusión social, á cohesión territorial e á creación de novas oportunidades de empregabilidade.
  • Contribución á consecución dos obxectivos da EDLP do GALP A Mariña–Ortegal mediante a promoción da economía azul, a innovación social e a valorización do sector marítimo-pesqueiro.
Principais actividades do proxecto: 

O proxecto desenvolverase mediante a realización de 10 actividades educativas dirixidas ao alumnado de 4º da ESO e ciclos equivalentes de Formación Profesional dos centros educativos da Mariña Lucense, co obxectivo de achegar a mocidade ao sector marítimo-pesqueiro, promover a inclusión social e poñer en valor as oportunidades que ofrece a economía azul.

As principais actividades previstas son as seguintes:

1. Organización e coordinación do programa educativo.
Difusión da convocatoria entre os centros educativos da comarca, xestión das inscricións mediante formulario en liña e planificación das sesións, que se asignarán por orde de recepción ata completar un máximo de dez grupos participantes.

2. Desenvolvemento das sesións formativas.
Realización de dez sesións presenciais, principalmente nas instalacións dos propios centros educativos e, de forma excepcional, nas confrarías de Burela e Celeiro, grazas á colaboración destas entidades. Cada actividade estará dirixida a un grupo-clase de ata 25 participantes.

3. Encontros con profesionais do sector marítimo-pesqueiro.
Cada sesión iniciarase coa intervención dun profesional do ámbito marítimo-pesqueiro, que presentará a súa experiencia laboral, o seu itinerario formativo, as competencias necesarias para o exercicio da profesión e as oportunidades de emprego existentes no sector. Participarán representantes de diferentes ámbitos relacionados coa pesca, a acuicultura, a investigación mariña, o turismo mariñeiro, a construción naval, a administración marítima e o desenvolvemento local.

4. Desenvolvemento de dinámicas educativas innovadoras.
As actividades combinarán metodoloxías activas e participativas, baseadas na gamificación e na aprendizaxe experiencial, favorecendo o traballo en equipo, a resolución de retos e a adquisición de coñecementos sobre o sector marítimo-pesqueiro, a biodiversidade mariña e a diversidade funcional.

5. Sensibilización sobre inclusión e sustentabilidade.
Ao longo das sesións promoveranse valores relacionados coa igualdade de oportunidades, a accesibilidade, a inclusión das persoas con diversidade funcional, a conservación do medio mariño e o uso responsable dos recursos mariños, reforzando o compromiso da mocidade cun modelo de desenvolvemento sostible.

6. Colaboración co tecido marítimo-pesqueiro e educativo.
O proxecto contará coa colaboración de confrarías, centros educativos, entidades sociais e profesionais do sector, fortalecendo as redes de cooperación entre os distintos axentes do territorio e favorecendo a difusión das oportunidades profesionais vinculadas á economía azul.

7. Emprego de recursos audiovisuais e dixitais.
Nos casos en que non sexa posible a participación presencial dalgún dos profesionais colaboradores, recorrerase a contidos audiovisuais e outros recursos dixitais que permitan trasladar ao alumnado a súa experiencia profesional e garantir o desenvolvemento dos contidos previstos.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.2. Facer das actividades marítimo-pesqueiras un ámbito de empregabilidade de colectivos menos favorecidos e de cohesión social na Mariña-Ortegal.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)