
Proxecto baseado na realización de actividades vinculadas ao coñecemetno e posta en valor do patrimonio cultura marítimo pesqueiro, e de sensibilización e coidado do medio mariño, a través da cultura marítima para incrementar o benestar psicóloxico e social das persoas con enfermidade mental, achegándoas dunha maneira activa e consciente a mundo do mar, consistentes en: -Excursións/rutas/visitas polo territorio da Mariña-Ortegal ás confrarías, instalacións das redeiras, Barco Museo, praias, paseos marítimos, portos, faros, cetáreas, empresas transformadoras/conserveras,.... - Talleres de reciclaxe, cerámica, alimentación saudable. - Charlas de concienciación do coidado e conservación do medio mariño e fomento do consumo de peixe. - Visualización de películas/documentais vinculados ao mundo do mar con elaboración de traballo en grupo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Mellorar a calidade de vida e fomento do benestar social das persoas con enfermidade mental a través da realización de actividades vinculadas ao coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural marítimo pesqueiro .
- Uso do patrimonio cultural das zoas pesqueiras para a atención e coidado da saúde mental, especialmente para a prevención do suicidio.
- Aumentar o coñecemento do patrimonio cultural na zona pesqueira do Galp a A Mariña-Ortegal.
- Conseguir/manter a estabilidade clínica das persoas con enfermidade mental a través da participación nas actividades do proxecto.
- Aumentar a sensibilización e o coidado do medio mariño.
- Participación activa e regular das persoas con enfermidade mental o que conlevará o aumento do coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural das zoas pesqueiras.
- Estabilidade clínica das persoas con enfermidade mental participantes, entendida esta como a ausencia de ingresos hospitalarios na Unidade de Agudos.
- Maior concienciación sobre a importancia de coidar do medio mariño dunha forma activa .
UN MAR DE DIVERSIÓN, INTEGRACIÓN E CULTURA: Programa de ocio e tempo de lecer onde se poñerá en valor a cultura e a tradición marítimo pesqueira.
- RIBADEO: Visita do Faro Illa Pancha, Praia das Catedrais, Ruta das cetáreas ( Rinlo), área do Cargadoiro, días de praia nos areais de Ribadeo...
- BARREIROS: Días de praia nos areais de Barreiros.
- FOZ: Castro de Fazouro, días de praia, tardes de ocio no paseo marítimo,“Pescados Rubén, Ruta do Río Masma...
2 Fins de semana en casa rural, por ano, realizando visitas e actividades vinculadas co mar.
- BURELA: Barco Museo, Absa, días de praia, tarde de ocio polo paseo marítimo e Cantiño, conservas Faro,...
- CERVO: Visita a FRIGOMAR,visita ACUIDORO, Faro Punta Atalaia de San Cibrao, días de praia.
- XOVE:Visita do Portiño de Morás e días de praia nos areais de Xove
- VIVEIRO: tardes de ocio polo paseo marítimo, días de praia,...
ORTIGUEIRA E CARIÑO: excursión de un día, para visitar o Concello de Ortigueira e Cariño en gran grupo (paseo marítimo de Cariño, Cantís de Vixia Herbeira, fábrica de conservas La Pureza e conservas Amieiro,…)
UN MAR DE SAÚDE: Actividades que pretenden coidar do mar pero tamén da saúde das persoas.
- Taller de reciclaxe: Recollida de refugallos nas praias da contorna e utilización dos mesmos para elaboración de diferentes obras artesanais ( contamos co selo de Artesanía de Galicia) ao tempo que sensibilizamos sobre o impacto dos residuos no medio mariño e como esta actividade é parte da solución, contribuíndo a deixar as praias libres de residuos.
- Taller de cerámica: cos refugallos recollidos nos areais e empregando a cerámica como medio para construír obras de arte. Traballaremos a cultura mariña poñendo en valor os distintos elementos do mar. Para darlle visibilidade farase unha exposición coas pezas elaboradas
- Taller de alimentación saudable: Charla sobre alimentación saudable e a importancia e beneficios do consumo de peixe.
- Favorecer o consumo de peixe 3 veces por semana.
- Charla biodiversidade mariña e conservación.
- Taller conectando co mar: Ioga, dinámicas sensitivas, camiñatas a beira do mar e relaxación e taller dos sentidos no medio mariño.
- Atención psicolóxica: terapia individual, taller de habilidades sociais e terapia grupal orientada á prevención da conduta suicida conectando así o mar coa atención psicolóxica.
UN MAR DE COÑECEMENTO
- Visita das Confrarías de Ribadeo, Burela e Celeiro
- Visita de persoal da Confraría de Burela para achegarnos ao mundo do mar
- As nosas redeiras: Visita das instalacións das redeiras da Asociación de Redeiras Cabo Burela e visita das redeiras ás nosas instalacións.
- O coñecemento a través da historia: visionado de documentais e películas vinculadas co mundo do mar e posterior traballo en grupo.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural daz zona pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
OBXETIVO ESPECÍFICO 4.1. Facer do patrimonio cultural marítimo pesqueiro un elemento de indentidade da zona costeira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

