Proxecto conxunto promovido polos concellos de Ribadeo, Cedeira e Burela, que pretende iniciar un modelo innovador de desenvolvemento local, potenciando e valorizando o patrimonio natural e cultural destas zonas pesqueiras, especialmente a través da súa xeodiversidade.
Pretende establecer unha estratexia de turismo sostible a través da planificación e posta en valor dos seus recursos e que, partindo da riqueza do seu patrimonio xeolóxico, sirva de protagonista e de eixo condutor, e que coa posta en marcha de iniciativas de xeo conservación, experiencias de xeoturismo e divulgación, sirvan para favorecer a creación de novas alternativas de desenvolvemento socioeconómico e cultural sostible, que xere unha imaxe común e sinerxías a través da colaboración dos tres concellos.
O proxecto consta de varias fases:
- Xeorutas interpretadas nos tres concellos.
- Creación dunha plataforma turística web e aplicación móbil, que recolla os recursos turísticos integrais dos concellos participantes.
- Accións de formación dirixidas á cidadanía e ao sector turístico de cara a fomentar o turismo de natureza e a innovación.
- Establecemento de programas de formación e educación medioambiental.
- Material e campañas de promoción e comunicación
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Establecer a creación de produtos da natureza baixo unha imaxe común asociada ao territorio que abarca o proxecto, especialmente xeolóxicos e valorización do territorio como espazo natural emblemático.
- Establecer programas de formación e educación medioambiental, así como o establecemento de medidas de xeoconservación.
-Promover iniciativas innovadoras no ámbito do turismo de natureza que contribúan ao desenvolvemento socioeconómico e benestar do territorio.
- Creación dun turismo diferenciado, utilizando a xeodiversidade do territorio como fío condutor. Neste sentido tódalas medidas e accións que se desenvolven estarán orientadas a aproveitar as sinerxías de riqueza do patrimonio xeolóxico e paisaxístico presente nos municipios promotores, cara a creación dunha marca e estratexia de turismo sustentable.
- Valorización integral do patrimonio ambiental e reforzo da súa identidade con especial importancia da xeodiversidade, buscando a preservación, concienciación e tamén a sensibilización dos axentes sociais, cidadanía e visitantes na necesidade do coidado do medio.
-Creación e consolidación dunha imaxe de territorio, apoiándose no potencial diverso dende unha perspectiva unificadora asociada á súa paisaxe e xeodiversidade litoral dos municipios de Cedeira, Burela e Ribadeo.
-Promoción do desenvolvemento sostible do territorio a través da incorporación de técnicas baseadas na calidade das visitas e na instauración de procedemento baseados en procesos interpretativos cara a profundizar na relación do patrimonio cos seus visitantes.
-Formación, sensibilización e creación de redes de traballo no territorio capaces de potenciar e sensibilizar sobre as posibilidades do turismo de natureza e significativamente do xeoturismo no territorio.
- Posta en marcha de xeorutas interpretadas nos tres concellos.
- Mapeo e inventario do patrimonio e recursos e guía xeolóxica da zona.
- Creación de contidos de 9 itinerarios xeolóxicos interpretados, 3 en cada concello.
- Creación dunha plataforma turística web e aplicación móbil que recolla os recursos turísticos integrais dos concellos participantes.
- Accións de formación dirixidas á cidadanía e ao sector turístico.
-Establecemento de programas de formación e educación medioambiental.
- Accións de promoción e comunicación.
- Establecemento do programa “Terra Viva”.
2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
6 .Fomento da cooperación
2.2 Crear e consolidar unha imaxe de marca do territorio A Mariña-Ortegal.
3.1 Dotarse de novos instrumentos que garantan un maior coidado do medio natural e mariño.
4.1 Aumentar o patrimonio marítimo costeiro recuperado e posto en valor.
6.1 Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)