
Con este proxecto, a empresa promotora pretende a creación de produtos experienciais propios, que poida promocionar e comercializar, así como a comercialización das 10 experiencias creadas no proxecto de cooperación entre o GALP A Mariña-Ortegal e o GALP Golfo Ártabro Norte, "Galicia Norte, Mares de Experiencias". Esta nova oferta de experiencias e actividades terá como eixo común a valorización do medioambiental e o patrimonio ligado ao mar, así como o recoñecemento dos oficios do mar e da calidade diferencial dos produtos pesqueiros e marisqueiros do territorio de A Mariña- Ortegal. Destacar que unha das experiencias terá como obxectivo amosar o importante papel das mulleres no sector da pesca.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Configurar unha oferta de experiencias e actividades que poñan en valor o patrimonio medioambiental e o patrimonio ligado ao mar que incrementen a conciencia da necesidade da preservación do entorno natural e patrimonial, así como do recoñecemento dos oficios do mar e da calidade diferencial dos produtos pesqueiros e marisqueiros do territorio de A Mariña – Ortegal.
Fomentar o crecemento económico de forma directa e indirecta.
Incidir na inclusión social de diferentes colectivos que poidan participar na creación das experiencias, así como á diversificación das actividades realizadas no marco da pesca.
Dotación ao territorio dun servizo de experiencias que poñan en valor o medioambiente, o patrimonio ligado ao mar, os seus oficios, así como a calidade dos produtos pesqueiros. Crearanse experiencias propias e tamén comercializaranse as experiencias creadas no proxecto de cooperación Galicia Norte, Mares de Experiencias.
Incremento do coñecemento da poboación local das singularidades do territorio nos ámbitos descritos no punto anterior.
Fortalecemento e complementariades co sector do mar.
Fortalecemento da cadea de valor do sector turístico do territorio, procurando a desestacionalización e o incremento dos días de estancia media dos turistas.
Deseño e creación das experiencias.
Deseño da imaxe corporativa e dos contidos para a web e as redes sociais.
Comercialización das experiencias.
4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
4.1: Aumentar o patrimonio marítimo costeiro recuperado e posto en valor.
3.1: Dotarse de novos instrumentos que garantan un maior coidado do medio natural e mariño
2.3: Facer da Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

