
A Confraría de Pescadores de Ribadeo pretende mellorar o crecemento económico do seu sector pesqueiro e marisqueiro, potenciando a loita contra a pesca ilegal (furtivismo) e mellorando as condicións hixiénico-sanitarias; adquirindo o seguinte equipamento:
Un visor nocturno que será utilizado polos vixilantes da Confraría e pola Agrupación de Mariscadores/as de percebe a pe desta confraría para as vixilancias nocturnas nos bancos marisqueiros do ámbito territorial desta entidade.
Unha máquina hidrolavadora de alta presión que servirá para mellorar a eficacia dos procedementos de limpeza e desinfección no interior da lonxa, que actualmente se realiza de maneira manual.
Instalación dun sistema de vídeovixilancia C.C.TV que facilitará a seguridade dentro da lonxa.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Mellora e crecemento económico do sector pesqueiro e marisqueiro.
- Loita contra a pesca ilegal (furtivismo)
- Mellora das condicións hixiénico-sanitarias.
- Seguridade no acceso ás instalacións desta entidade.
- Seguridade alimentaria dos produtos pesqueiros
- Mellora das condicións hixiénico-
- Incremento da competitividade no mercado da lonxa e os produtos que comercializa.
- Incremento de control e vixilancia nos accesos.
- Mantemento de 1 ETC.
Vaise adquirir o equipamento necesario: un visor nocturno que será utilizado polos vixilantes da Confraría e pola Agrupación de Mariscadores/as de percebe a pe desta confraría para as vixilancias nocturnas nos bancos marisqueiros do ámbito territorial desta entidade. As vixilancias dos bancos marisqueiros en baixamar son organizadas mes a mes e contemplan vixilancias diurnas por semana e as fins de semana e vixilancias nocturnas nas semanas de mareas vivas. Unha máquina hidrolavadora de alta presión que servirá para mellorar a eficacia dos procedementos de limpeza e desinfección no interior da lonxa, que actualmente se realiza de maneira manual; esta máquina será utilizada para a limpeza do so, paredes e teito da cámara refrixeradora, para a limpeza da área da lonxa dedicada á exposición e venda dos produtos pesqueiros(incluíndo as mesas e as caixas), para a limpeza do interior do vehículo isotermo utilizado para o transporte dos recursos marisqueiros dende o punto de captura ata a lonxa, e outras superficies reflexadas no Plan de Limpeza e Desinfección, incluído dentro do manual APPCC da lonxa. Instalación dun sistema de vídeovixilancia C.C.TV que facilitará a seguridade dentro da lonxa; faise imprescindible o control de acceso á cámara refrixeradora como un procedemento de defensa alimentaria, xa que é o lugar onde se almacenan os produtos pesqueiros, así como o control para un uso eficiente do xeo por parte das persoas asociadas a esta entidade.
1.Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1.Consolidasr o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

