Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Kid & Us Language School Ribadeo

O proxecto consiste en poñer en marcha un centro Kids&Us en Ribadeo. Este tipo de centros atópase habitualmente nas cidades e preténdese achegar aos nenos da zona esta aprendizaxe vivencial.

Á innovación que promove esta metodoloxía propia únese nas semanas non lectivas (Nadal, Semana Santa e verán) as actividades centradas no mar, Sport&Fun, de maneira que os mozos comecen a vivir o mar e a coñecer e valorar o patrimonio natural e ambiental canto antes. A posta en marcha pasa por reformar e adecuar un baixo para impartir as sesións de inglés e recibir tanto aos alumnos como aos pais ou familiares.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Laura López Figueroa
Datos de interese: 
https://ribadeo.kidsandus.es/es
Perfil empresarial: 
Empresaria individual
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desen
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
07/08/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
6
Anualidades: 
2017
Data fin de execución: 
31/10/2017
Ámbito de aplicación: 

Ribadeo (Lugo)
 

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
141.906,58 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
112.739,06 €
Total axuda pública aprobada (€): 
56.369,53€
% Subvención: 
50%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
47.914,10€
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
8.455,43
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
3,00
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
3
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Dotar a Ribadeo e a zona da Mariña dun centro de ensino de inglés con metodoloxía innovadora que potencia o proceso de adquisición do inglés nos nenos e mozos que lles axude a obter un nivel superior ao habitual.

Crear redes de traballo colaborativo entre entidades de diversos municipios para a realización de actividades do mar con inglés e aproveitar as sinerxías para poñer en marcha unha estratexia de turismo conxunta diversa e de calidade para fomentar nos nenos e mozos a posta en valor do noso patrimonio ambiental e natural.

Crear emprego e axudar ao crecemento económico do Concello de Ribadeo e da zona da Mariña.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Creación de redes de traballo colaborativas entre entidades de diversos concellos para a realización de actividades do mar con inglés.

Aproveitamento de sinerxías entre entidades deportivas e o centro de inglés para implementar unha estratexia de turismo conxunta.

Promoción entre os alumnos do respecto e coidado do patrimonio costeiro.

Creación dun novo negocio innovador e diferente, inexistente na zona da Mariña.

Creación de emprego.

Proxecto promovido por unha muller

Principais actividades do proxecto: 

Ensino da lingua inglesa a través dunha aprendizaxe vivencial .

Realización nas semanas non lectivas actividades centradas no mar.

Reformar e habilitar o baixo comercial no que se imparten as sesións.

Adquirir a infraestrutura necesaria (aulas, material didáctico, mobiliario...).

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo 2.2: Crear e consolidar unha imaxe de marca do territorio da Mariña-Ortegal

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)