
A Confraría de Pescadores de Ribadeo quere mellorar os servizos que ofrece aos seus socios e as súas condicións de traballo, garantindo a calidade dos produtos pesqueiros, e controlando a ameaza do furtivismo nos bancos marisqueiros.
Así, o proxecto consiste en adquirir un fabricador de xeo triturado, para dar servizo tanto aos socios como aos non socios que descarguen os produtos pesqueiros e marisqueiros na lonxa de Ribadeo, garantindo a conservación en fresco.
Así mesmo, trátase de adquirir un vehículo isotermo tanto para o transporte dos recursos marisqueiros extraídos polos/as mariscadores/as da Confraría ata a lonxa, como para a vixilancia dos bancos marisqueiros.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Manter a cadea de frío dos recursos mariños
-
Loitar contra a ameaza do furtivismo nos bancos marisqueiros
-
Prestar un servizo moi importante á pouca flota que queda nesta entidade e aos mariscadores
-
O vehículo isotermo permitirá transportar os recursos marisqueiros extraídos directamente desde o punto de control da zona de produción á lonxa de Ribadeo.
-
Este vehículo tamén permitirá realizar as roldas de vixilancia dos bancos pesqueiros que fan os vixiantes e os propios mariscadores, os días festivos e fins de semana.
-
O fabricador de xeo permitirá conservar o peixe e o marisco que chegue á lonxa de Ribadeo ata o momento da súa venta ou transporte a outro punto de venta perfectamente refrixerado.
- Manterase un posto de traballo xa creado.
-
Adquisición e instalación dun fabricador de xeo
-
Adquisición dun vehículo tipo furgoneta
-
Isotermización de vehículo
1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1. Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña - Ortegal
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)