
O proxecto consiste na realización de accións encamiñadas á sensibilización da poboación sobre o consumo de peixe e divulgación dos seus beneficios, incidindo nas súas propiedades como axente preventivo de enfermidades mentais, concienciando e visibilizando á sociedade sobre a valorización do mar , dos seus froitos e a súa relación coas personas en risco de exclusión social.
Actividades a desenvolver:
A.1: Conferencia sobre a saúde mental e alimentación: Recompilación de estudos e información sobre o consumo de peixe e a súa incidencia na prevención de enfermidades mentais e organización dunha conferencia impartida por profesionais sobre a alimentación.
A2: Celebración de eventos de sensibilización da poboación: Mesa debate sobre a saúde mental é hábitos alimenticios e degustación de peixes nos centros de Fundación Eu Son e Asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña. A3: Accións de información e comunicación: Accións de comunicación online e labores de gabinete de prensa e comunicación (cartelería, trípticos, lona, banners, roldas de prensa...)
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo fundamental deste proxecto coincide co obxectivo da propia Fundación EXPOMAR, que é o estímulo, a potenciación e o desenvolvemento do sector pesqueiro e o seu entorno. As actividades que configuran este proxecto contribúen a mellorar as capacidades e competencias profesionais do sector, así como o traslado e estímulo dos valores e da importancia da actividade pesqueira para as futuras xeracións, especialmente en colectivos en risco de exclusión social, promovendo así a concienciación.
Colaborar con asociacións da comarca que traballan con persoas con enfermidades mentais, fomentando nelas o consumo de peixe e mostrando o seu exemplo á poboación para mellorar a concienciación.
Implementar ferramentas que axuden á transmisión de información e coñecemento, divulgando entre a veciñanza os beneficios do “peixe saudable”.
Sensibilizar á poboación da utilidade do consumo de peixe na prevención de enfermidades mentais
Mellora na percepción da cidadanía do consumo de peixe así como a concienciación das propiedades do mesmo, grazas ao equilibrio na alimentación da poboación e a visibilización das enfermidades que afectan á veciñanza da comarca.
Focalización na imaxe do peixe como axente preventivo na aparición de enfermidades mentais respaldado con estudos realizados recentemente por especialistas na materia.
Visualización dos “peixes graxos” e divulgación dos seus beneficios coa inclusión dos mesmos na dieta
Crear proxectos que contribúan ao desenvolvemento do sector pesqueiro e permitan diversificar as actividades económicas da zona e incrementar a demanda de peixe de consumo diario.
Acadar unha sociedade más concienciada en relación á valorización do mar e os seus froitos, implicando a persoas en risco de exclusión social.
Fomentar a transmisión de coñecemento e información a través de ferramentas novidosas
CONFERENCIA SOBRE SAÚDE MENTAL E ALIMENTACIÓN Recompilación de estudos e información sobre o consumo de peixe e a súa incidencia na prevención de enfermidades mentais. Investigación sobre especialistas na materia. Reunións para a busca de poñentes. Organización dunha conferencia impartida por unha ou un recoñecido nutricionista na que se abordará a relación entre unha correcta alimentación (na que o peixe ten un papel destacado) e a incidencia da mesma na saúde mental.
CELEBRACIÓN DE EVENTOS DE SENSIBILIZACIÓN DA POBOACIÓN Mesa-debate sobre saúde mental e hábitos alimenticios.Evento de divulgación na que participaría persoal facultativo e persoal dos centros de inclusión colaboradores no proxecto. Degustación de peixe nos centros de inclusión colaboradores.
ACCIÓNS DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN realizadas de forma transversal durante a execución do proxecto.
1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases de cada subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1. Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)