Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP A Mariña-Ortegal participa na avaliación do Programa Operativo do FEMP

O GALP A Mariña-Ortegal foi seleccionado pola Secretaría General de Pesca entre os GALP de Galicia, para colaborar na avaliación do Programa Operativo do FEMP 2014-2020 que está levando a cabo co apoio dunha asistencia técnica que se ocupa do traballo de campo, para a recompilación da información aportada polos distintos GALPs de España.

Co fin de que as opinións fosen mais diversas e plurais, o noso Grupo organizou unha xornada de traballo en Viveiro o pasado venres 20 de setembro, e convocou ás entidades que forman parte da Xunta Directiva do Grupo e promotores de proxectos que foron beneficiarios das axudas neste período do FEMP 2014-2020, co fin de que puideran manifestar as súas opinións ao respecto.

En dita xornada participaron mais de 20 persoas e tamén estiveron presentes os Xerentes dos GALPs Golfo Ártabro Norte, Costa da Morte e Ría de Pontevedra.

Agardamos que as opinións recollidas no noso territorio sexan de utilidade para levar a cabo a avaliación e agradecemos a tódolos asistentes a súa colaboración.