Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PORTO SUITES:CREACION DE NOVO CONCEPTO DE ALOXAMENTO VINCULADO AO MAR

O proxecto consiste na transformación do Hostel Áncora, situado en Foz (Lugo), nun aloxamento turístico sostible inspirado nos principios da economía azul e orientado á posta en valor do medio mariño, do patrimonio costeiro e da identidade local. A iniciativa pretende ofrecer unha experiencia turística responsable, diferenciada e vinculada aos recursos naturais e culturais do territorio, contribuíndo á desestacionalización da actividade turística.

A actuación incorpora un conxunto de medidas de sensibilización ambiental e promoción da cultura mariñeira, incluíndo a creación dun espazo dedicado aos produtos locais e a colaboración con empresas, produtores e entidades da zona para favorecer o consumo de proximidade e dinamizar a economía local. Deste xeito, o establecemento converterase nun punto de difusión dos valores asociados ao mar, ao patrimonio marítimo-pesqueiro e á economía azul.

Ademais, o proxecto integra actuacións baseadas nos principios da economía circular e da sustentabilidade, mediante a implantación de medidas de eficiencia enerxética, redución de residuos e plásticos, reciclaxe e utilización de enerxías renovables. Con estas accións preténdese minimizar o impacto ambiental da actividade turística e consolidar un modelo de aloxamento sostible, innovador e replicable no territorio.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2026-00201
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Inversiones Financieras Moreda, SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2026
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
13/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2026-2027
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

Foz (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
399.931,30 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
390.692,30 €
Total axuda pública aprobada (€): 
195.346,15 €
% Subvención: 
50,0
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
136.742,31 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
58.603,84 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Crear un establecemento turístico sostible e de calidade, vinculado aos recursos marítimo-pesqueiros e á economía azul, que contribúa a diversificar a oferta turística da Mariña e a poñer en valor o medio mariño como recurso turístico.
  • Favorecer a desestacionalización da actividade turística, atraendo familias e pequenos grupos interesados en experiencias relacionadas coa cultura mariñeira, a gastronomía e o patrimonio costeiro, promovendo visitas ás lonxas, aos portos e a outros recursos vinculados ao mar durante todo o ano.
  • Poñer en valor os profesionais do sector pesqueiro e os oficios tradicionais do mar, difundindo o seu papel no desenvolvemento do territorio e destacando especialmente a contribución das mulleres do mar, como as redeiras, á conservación da cultura mariñeira.
  • Promover os produtos pesqueiros locais, creando un espazo de exposición e venda de produtos de proximidade, como conservas e outros elaborados do mar, e difundindo o traballo dos profesionais vinculados ao sector pesqueiro.
  • Sensibilizar ás persoas visitantes sobre a importancia da conservación dos recursos mariños, fomentando boas prácticas ambientais e promovendo un modelo de turismo responsable e comprometido coa sustentabilidade do litoral.
  • Fortalecer a colaboración co sector pesqueiro e cos axentes locais, xerando sinerxías que contribúan á promoción conxunta do patrimonio marítimo-pesqueiro, da gastronomía e dos recursos turísticos do territorio.
  • Incrementar a viabilidade e competitividade do establecemento, mellorando a súa capacidade de atraer visitantes, aumentar a ocupación e consolidar unha actividade económica sostible ao longo de todo o ano.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Transformar o Hostel Áncora nun establecemento turístico sostible, moderno e funcional, adaptado ás novas demandas do turismo vinculado á economía azul e ao patrimonio marítimo-pesqueiro.
  • Mellorar a calidade do servizo, a seguridade e a experiencia das persoas usuarias, optimizando a organización e o funcionamento do establecemento e favorecendo unha mellor convivencia e prestación dos servizos.
  • Incrementar a eficiencia na xestión do aloxamento, mediante a implantación de ferramentas e sistemas que permitan optimizar os procesos, mellorar o control da actividade e incrementar a eficiencia operativa.
  • Aumentar a ocupación media anual e reducir a estacionalidade da actividade turística, consolidando unha oferta vinculada ao mar que favoreza a chegada de visitantes ao longo de todo o ano.
  • Mellorar a viabilidade económica e a competitividade do establecemento, garantindo a súa sustentabilidade a medio e longo prazo e reforzando a súa capacidade para atraer novos segmentos de mercado.
  • Contribuír á diversificación da economía azul local, creando un servizo turístico complementario á actividade marítimo-pesqueira que promova o patrimonio mariñeiro, os produtos do mar e a colaboración co sector pesqueiro e cos axentes locais.
Principais actividades do proxecto: 

Actividade 1. Reorganización e adecuación do establecemento turístico.
Levarase a cabo a reorganización e modernización dos espazos interiores e comúns do establecemento para crear un aloxamento costeiro sostible, funcional e adaptado ás novas demandas do turismo responsable. A actuación incluirá a creación de 13 habitacións distribuídas en catro plantas, con espazos comúns compartidos, mellorando a funcionalidade, a accesibilidade, a seguridade e a convivencia das persoas usuarias.

Actividade 2. Desenvolvemento dunha oferta turística vinculada á economía azul.
Deseñarase un novo posicionamento do establecemento orientado ao turismo costeiro sostible, integrando experiencias relacionadas coa cultura mariñeira, a gastronomía local, a natureza e as actividades deportivas. Promoveranse paquetes turísticos que inclúan visitas ás lonxas, aos portos e a outros recursos do territorio, favorecendo a desestacionalización da demanda e a posta en valor da identidade mariñeira.

Actividade 3. Accións de divulgación e valorización do patrimonio marítimo-pesqueiro.
Desenvolveranse actuacións de sensibilización para dar a coñecer a importancia do sector pesqueiro, dos oficios tradicionais e da cultura mariñeira. Instalaranse paneis informativos con contidos divulgativos e códigos QR que permitirán acceder a testemuños de profesionais do mar, destacando especialmente o papel das redeiras e doutras mulleres vinculadas ao sector pesqueiro.

Actividade 4. Creación dun espazo para a promoción e comercialización de produtos locais.
Habilitarase un punto de exposición e venda de produtos procedentes do mar e doutros produtos de proximidade, en colaboración con empresas, confrarías, conserveiras, redeiras e entidades sociais do territorio, contribuíndo á promoción dos produtos pesqueiros locais e ao fortalecemento das cadeas curtas de comercialización.

Actividade 5. Implantación de medidas de sustentabilidade e sensibilización ambiental.
Executaranse accións orientadas á promoción dun turismo responsable, mediante a instalación de paneis informativos sobre conservación do medio mariño, puntos de reciclaxe e iniciativas de recollida de residuos no litoral. Así mesmo, fomentarase a participación das persoas visitantes en accións de sensibilización ambiental e na difusión dos principios da economía circular.

Actividade 6. Desenvolvemento dun produto turístico diferenciado vinculado ao sector pesqueiro.
Crearase unha oferta turística especializada baseada na colaboración co sector pesqueiro e na posta en valor dos seus produtos, integrando experiencias gastronómicas, culturais e interpretativas que reforcen a identidade marítimo-pesqueira do territorio e diversifiquen a oferta turística local.

Actividade 7. Consolidación dun novo modelo de negocio sostible.
O proxecto permitirá transformar o actual modelo de aloxamento nun establecemento turístico de maior valor engadido, orientado á economía azul e ao turismo sostible, favorecendo a creación de emprego, a dinamización da economía local e a viabilidade económica da actividade ao longo de todo o ano.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 2 . Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 2.1. Incrementar a relación do sector pesqueiro e do produto pesqueiro en actividades de diversificación da zona costeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)