martes, 23 de Febreiro de 2016 - 11:02

Na sede do Galp A Mariña-Ortegal, na Confraría de Pescadores de Celeiro-Viverio, tivo lugar a presentación do Plan de Dinamización Turística Conxunta do Territorio da Mariña – Ortegal, que ten como obxectivo principal promover proxectos conxuntos entre axentes do mar e do turismo para alcanzar un maior posicionamento do territorio como destino sustentable e mariñeiro e poñer en valor todo o patrimonio natural e cultural vinculado ao mar.
Nunha primeira etapa contemplase unha primeira fase de divulgación do mesmo e a creación dunha Rede de Axentes do Sector turístico e pesqueiro do territorio.