O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, convoca o PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL para a cobertura dun posto de XERENTE para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027.
As condicións e requisitos pódense consultar nas bases que regularán este proceso de selección, dispostas na páxina web https://galp.xunta.gal/, ou chamando o teléfono: 982 242 309 en horario de 09:00 a 15:00 horas de luns a venres.
As solicitudes serán presentadas no prazo máximo de 15 días hábiles contados dende a última publicación nos medios indicados na Base Cuarta (o prazo remata o 29 de agosto ás 15:00 horas), debendo realizarse segundo o modelo que se xunta como Anexo I ás Bases.
ANUNCIO: anuncio_proceso-seleccion_.pdf
BASES: