Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Recoñecementos ao traballo desenvolvido polo GALP A MariñaOrtegal

O GALP A Mariña-Ortegal, no período anterior de Fondos Europeos FEP 20072013,foi recoñecido o seu traballo elixindo un dos proxectos produtivos financiados polo mesmo, “Conservas Artesanas Curricán”, promovido pola empresa Conservas Artesans Curricán, S.L., como un dos 42 mellores entre 10.000 proxectos de desenvolvemento local financiados polos GALP, no apartado de “incremento de valor engadido”, sendo exposto por unha das súas promotoras no Seminario Sailing Towards 2020, que se celebrou en Bruxelas; ademais entre estes 42 proxectos foi seleccionado neste mesmo Seminario como o mellor proxecto europeo a nivel económico. Este mesmo proxecto foi recoñecido tamén como unha “Boa Práctica” a nivel europeo.

Neste novo período 20142020, no primeiro trimestre deste ano, o GALP A MariñaOrtegal tamén foi seleccionado a nivel europeo para expoñer un dos proxectos non produtivos financiados polo mesmo no ano 2013, como exemplo de inclusión social: “Curso de formación para reparación e recuperación de envases plásticos de industria pesqueira e outros”, promovido pola Asociación de
Pro Minusválidos do Ortegal (ASPROMOR)
. A iniciativa foi exposta polo Presidente do GALP no último Seminario Transnacional, celebrado o mes pasado en Letonia; este proxecto tivo moi boa
acollida entre os participantes e foi seleccionado como unha “Boa práctica”, que será exposta na páxina de FARNET proximamente.