Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Sabores do Mar: Promoción da calidade e diferenciación dos produtos mariños de Cedeira e da súa REMIP

Trátase dun proxecto conxunto encamiñado a mellorar a economía local a través da promoción e posta en valor dos produtos pesqueiros e marisqueiros de Cedeira, destacando os recursos específicos da zona (berberecho, coquina, percebe…) e os novos produtos, como a ostra rizada ou longueirón. No proxecto colaboran entidades de diferentes sectores: Agrupacións de Marisqueo e Percebe, Asociación Mares de Cedeira, Asociacións de Hostaleiros, Restauradores, Asociación de Pais e Amigos dos Deficientes Mentais de Régoa (APADER), Club de Remo de Cedeira, Club de Buceo de Cedeira e Asociación Amigos dos Ríos de Cedeira (ARCE).

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores de Cedeira Concello de Cedeira
Datos de interese: 
http://www.confrariacedeira.es http://turismo.cedeira.gal/
Perfil empresarial: 
Confraría de Pescadores e Concello
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o d
Convocatoria - ano: 
2019
Data de aprobación: 
04/09/2019
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2019
Data fin de execución: 
31/10/2019
Ámbito de aplicación: 

Cedeira (A Coruña)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
52.370,19 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
47.818,65 €
Total axuda pública aprobada (€): 
47.818,65 €
% Subvención: 
90
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
36.581,27 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
6.455,52 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
0,25
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
5
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Mellora da competitividade do sector marisqueiro e pesqueiro.
Creación e mellora da calidade dos postos de emprego e das oportunidades económicas a través da diversificación da economía local e a igualdade entre homes e mulleres.
Fomentar a concienciación medioambiental e o benestar social e do patrimonio cultural de Cedeira, mediante actividades lúdicas e divulgativas encamiñadas a crear unha sensibilización social sobre o mesmo.
Fomento da cooperación.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Incremento do valor dos produtos e do desenvolvemento da actividade económica, xerado por unha maior venta dos mesmos.
Incremento da cohesión social e fomento da unidade do pobo por implicación do mesmo en todas as fases do proxecto e por recoñecemento e orgullo tanto dos produtos como dos homes e mulleres do mar.
Incremento e posicionamento turístico en xeral e do turismo mariñeiro e gastronómico en particular.
Incremento da participación dos axentes dinamizadores e sociais da zona, así como a participación das empresas adicadas a actividades relacionadas co mar e empresas doutros sectores.
Fortalecemento da igualdade de oportunidades e potenciación do emprego feminino.
Potenciación do desenvolvemento sostible e incremento da perspectiva medioambiental mediante o coñecemento e posta en valor do espazo mariño e da REMIP Ría de Cedeira, proporcionando instrumentos que garantan un maior coidado do medio natural e mariño.
Creación de emprego: 0,25 ETC (no tempo de duración do proxecto).
Participación de 5 mulleres en actividades de formación.

Principais actividades do proxecto: 

ACTIVIDADES NO MUSEO:

Xornadas: ostra e ourizo: artes e aparellos de captura, método de recolección. Recursos específicos de praia: berberecho, coquina e longueirón. Moluscos bivalvos do mundo.
Visitas guiadas: evolución no tempo dos aparellos de pesca, da pesca en si mesma e do tratamento do peixe ata o seu consumo. O Percebe: ferramenta utilizada e evolución na arte de apañalo.
Audiovisuais: Faenado nun barco de Cedeira. Recolección dun percebeiro en Cedeira.

 

TALLERES:

Obradoiros de cociña: diferentes formas de consumir e cociñar as ostras. Cociñar os peixes e mariscos da nosa ría. Introducir o berberecho nas nosas receitas tradicionais.
Visitas guiadas: como se recollen, se limpan e se preparan as ostras para seu consumo. O berberecho de Cedeira. O banco da coquina. O entorno da REMIP: orixe, peculiaridades e biodiversidade.
Outros: exposicións de fotografía do entorno da REMIP de Cedeira. Como diferenciar os nosos mariscos dos foráneos. Como coñecer a frescura do peixe e do marisco.

 

XORNADAS GASTRONOMICAS:

Exaltación dos produtos pesqueiros e marisqueiros de Cedeira: degustación de variedades de produtos da Ría de Cedeira, introducindo como principal novidade o berberecho e a ostra. Concurso de tapas elaboradas cos produtos pesqueiros locais polos hostaleiros da zona.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

5. Reforzo das comunidades no desenvolvemento local  e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.

6. Fomento da cooperación

3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo 5.1: Poñer en práctica mecanismos de participación na xestión e no desenvolvemento do programa de axudas.

Obxectivo 6.1: Incrementar a cooperación entre entidades do territorio para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.

Obxectivo 3.1: Dotarse de novos instrumentos que garantan un maior coidado do medio natural e mariño.

Obxectivo 1.1: Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal.

Obxectivo 4.1: Aumentar o patrimonio marítimo costeiro recuperado e posto en valor.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)