
O proxecto consiste na mellora do proceso de subasta de peixe e marisco na lonxa de Cedeira. Modernizaranse diferentes equipamentos nas distintas fases de traballo para optimizar a trazabilidade do produto mediante a obtención de maior eficiencia e información durante o proceso de pesado e puxa e a a comercialización dos produtos locais, garantindo o correcto seguemento e a redución da pegada ecolóxica. O proxecto incentivará a profesionalización do sector cara o emprego de novas tecnoloxías nos mecanismos habituais de traballo, a través dunha xornada informativa sobre uso dos novos equipamentos e promoverá a visibilización entre a poboación xeral da importancia da trazabilidade nos produtos locais, co fin potenciar a súa calidade e valorizar a labor dos profesionais do sector. O proxecto impulsará, por tanto, a comercialización do produto local, a modernización dos sistemas de traballo e a expansión do mercado local de Cedeira.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
OBXECTIVO XERAL
- Impulsar a comercialización dos produtos mariñeiros locais de Cedeira a través da modernización dos equipamentos nas fases de pesado, traslado e venta.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Mellorar as condicións de traballo dos traballadores e traballadoras do sector do mar, facilitando e axilizando os seus labores.
- Avanzar cara un sector pesqueiro máis dixitalizado e familiarizado co uso das novas tecnoloxías nas diferentes fases de traballo.
- Poñer en valor o produto do mar local a través da visibilización entre a poboación xeral de todas ás fases da cadea de traballo.
- Incremento comercialización dos produtos mariñeiros locais mediante a modernización dos equipamentos empregados nas diferentes fases de traballo e a promoción da profesionalización do sector.
- A mellora das condicións de traballo dos e das profesionais do sector do mar a través da adquisición de novos equipamentos máis avanzados que permitan facilitar e axilizar as súas tarefas.
- Un paso máis na consecución dun sector pesqueiro máis dixitalizados e familiarizado co uso de novas tecnoloxías grazas a adquisición de equipamentos máis modernizados e automatizados e ás xornadas informativas neste senso.
- Un incremento da valorización da calidade do produto local por parte da poboación xeral a través da visibilización do traballo nas diferentes fases polas que pasa o produto.
- Adquisición de básculas informatizadas adaptadas á normativa vixente do Real Decreto 244/2016, de 3 de junio, por el que se desarrolla la Ley 32/2014, de 22 de diciembre, de Metrología.
- Instalación de ordenadores clónicos para a tramitación dos datos durante o proceso de pesado.
- Implementación dun servidor para a subasta e pesaxe para a dixitalización, almacenamento e consulta dos datos recollidos no proceso de pesado.
- Implantación dun novo sistema de visualización da poxa.
- Mecanización do sistema de traslado do produto.
- Accións de información para o sector e de divulgación para a poboación xeral mediante xornadas informativas e de divulgación.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividae produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
OBXETIVO ESPECÍFICO 1.1. Desenvolver un produto pesqueiro de vaor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

