Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ONDAS LIMPAS: PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN E ACCIÓN AMBIENTAL NA CONTORNA DA MAROSA

Ondas Limpas é un proxecto para mellorar a calidade ambiental da zona costeira, mediante a posta en marcha dun programa de actividades de sensibilización e acción ambiental, deportiva e artística, dirixidas á veciñanza burelá, con especial enfoque na mocidade e no reforzo da participación do sector pesqueiro. O programa Ondas Limpas xirará entorno á necesidade dunha implicación activa por parte da cidadanía e o reforzo de vínculos entre os sector pesqueiro, asociacións, mocidade e administración local para a concienciación da importancia do coidado ambiental da liña costeira, enfocado nas actividades que fomenten o desenvolvemento sostible, a conservación dos recursos naturais e a prevención e redución da contaminación. Para acadar estes valores, o programa Ondas Limpas prevé a posta en marcha de distintos eixos de sensibilización para a acción: recollida de plásticos nos areais, recuperación da flora dunar da praia da Marosa, creación artística mediante refugallos e práctica de deporte acuático, como actividades impulsoras do coidado medioambiental. A xornada final do programa contará cunha degustación de produto pesqueiro, poñendo en valor os produtos do mar e achegándoos á poboación nova, dando visibilidade aos resultados do programa e reforzando os vínculos comunitarios.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2024-00101
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONCELLO DE BURELA
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de Decembro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2024
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
08/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2024 e 2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Burela (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
68.308,32 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
68.308,32 €
Total axuda pública aprobada (€): 
68.308,32 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
47.815,82 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
20.492,50 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Contribuír á mellora da calidade ambiental da zona costeira, mediante un programa de sensibilización e acción cidadá.
- Aumentar a aprendizaxe sobre a problemática dos plásticos, os refugallos e o lixo mariño, así como a importancia da organización cidadá para a súa redución e recollida.
- Mellorar o coñecemento sobre as especies autóctonas como elemento natural a conservar, facendo partícipe á veciñanza da súa repoboación.
- Acondicionar un local municipal onde albergar equipamento relacionado con accións de sensibilización ambiental e deportiva vinculada ao mar.
- Decorar o exterior do local con motivos mariñeiros que reforcen a identidade da vila, empregando o material de refugallo facendo fincapé na economía circular.
- Fomentar o ocio saudable mediante un deporte promotor do respeto á natureza, fomentando a visibilidade de mulleres referentes que animen á rapazada a practicalo.
- Poñer en valor os produtos pesqueiros locais cunha xornada de degustación.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Mellora da calidade ambiental da zona costeira e da sensibilización cidadá cara ao coidado medio ambiental.
- Vinculación da veciñanza burelá ao seu medio natural dende a perspectiva do coidado, participando en recollidas de plástico, repoboación de flora autóctona, a intervención artística e a práctica do deporte no mar.
- Acondicionamento dun local municipal na liña costeira, decorado con motivos mariñeiros empregando materiais de refugallo.
- Posta en valor dos produtos pesqueiros locais e fomento do seu consumo entre as persoas novas.
- Fortalecemento dos vínculos comunitarios entre a veciñanza burelá, as asociacións, o sector pesqueiro e a administración local.

Principais actividades do proxecto: 

Actividade 1. Ondas limpas: xornadas de recollida de plásticos
1.1. Realización de varias xornadas de recollida de plásticos na franxa litoral burelá, colaborando con entidades locais de coidado ambiental. Ademais da limpeza, resérvase un espazo formativo e de análise dos plásticos recollidos, que serán empregados posteriormente na decoración do local acondicionado.

Actividade 2. Ondas limpas: recuperando a duna da Marosa
2.1. Eliminación da especie invasora mediante a retirada manual da planta, introducción en sacos herméticos e traslado á xestora para a súa destrucción.
2.2. Xornada de recuperación de especies autóctonas na zona da duna, con entidades sociais, público familiar e veciñal, entre outras.

Actividade 3. Ondas limpas: creando arte cos refugallos plásticos
3.1. Encontro inspirador con artistas que empregan lixo mariño como material para as súas obras, achegándonos á economía circular e explorando as posibilidades de crear con refugallos.
3.2. Realización dun mural artístico participativo empregando os materiais recollidos nas limpezas de areais, e outros materiais en desuso cedidos polo sector pesqueiro. A obra artística realizarase reforzando a unión do mundo mariñeiro e o patrimonio cultural costeiro.

Actividade 4. Surfeando Ondas limpas
4.1. Realización de xornadas técnicas para Entender o océano: aprendizaxe sobre coñecementos básicos do mar (ondas, ventos e prediccións)
4.2. Divulgación da actividade surfeira: deportistas de referencia visitarán Burela para compartir a súa experiencia, motivando á mocidade á súa práctica, poñendo énfase na activación do deporte do surf feminino.
4.3. Realización dunha sesión de achegamento á práctica de surf e surfskate. Transmisión dos valores, cultura e coidado ao medio mariño implícitos a esta práctica deportiva.
Actividade 5. Dinamización e fomento da participación veciñal no programa Ondas limpas

5.1. Xornada de posta en valor do proxecto e degustación de produto pesqueiro: as persoas participantes serán as protagonistas, transmitindo ao público asistente os resultados do proxecto e, sobre todo, a necesidade de coidar do medio ambiente para o seu gozo.

Actividade 6. Acondicionamento de local existente en instalacións deportivas no entorno da Marosa: reparar, mellorar, modernizar e consolidar o local
 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXETIVO ESTRATÉXICO 3. Impulso e aproveitamento do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operación de mitigación do cambio climático.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXETIVO ESPECÍFICO 3.1. Coidar a biodiversidade mariña da zona costeira e manter os recursos pesqueiros das rías.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)