
ABERTO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS ATA O 16 DE FEBREIRO DE 2026
Abrese o prazo para a solicitude de Axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2026 (Código de Procedemento PE155A) co obxecto de impulsar o tecido económico empresarial do GALP A Mariña-Ortegal.
Os proxectos seleccionados poderán recibir, con carácter xeral, unha intensidade de axuda de ata o 50 % do gasto subvencionable, en función da puntuación obtida, cun importe máximo de 200.000 euros e, no caso do sector da pesca ata 250.000 euros, dependendo da tipoloxía do proxecto. Estas axudas poderán incrementarse ata o 100 % cando se trate de proxectos de interese colectivo ou beneficiarios colectivos ou iniciativas vinculadas á pesca costeira artesanal.
O prazo de presentación é dun mes e remata o 16-02-2026.
Achegamos ligazón a orde:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260116/AnuncioG0427-091225-0...
Achegamos ligazón do procedemento:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155A
Os modelos de memoria e plan económico para a presentación de solicitudes están dispoñibles na web:
Consulta a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo da Mariña-Ortegal 2021-2027:
https://galp.xunta.gal/.../edlp-galp_a_marinaortegal_.pdf
O territorio de actuación do GALP A Mariña-Ortegal comprende os concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo.
Para máis información, contactade co GALP A Mariña-Ortegal

