
Obradoiro de ‘Batchcooking’ de Pesca Saúde. Queres comer de forma máis saudable, aforrar tempo na cociña e incorporar produto pesqueiro á túa dieta? O GALP A Mariña-Ortegal organiza este curso práctico no que aprenderás a organizar sesións de cociñado para toda a semana.
Aprende con Mar Orosa, chef do Restaurante El Oviedo (Ribadeo) e Valeria Freijedo, nutricionista de Arela Saúde.
Ensinarémosche receitas e técnicas sinxelas para cociñar produtos do mar sen perder sabor nin propiedades, claves para saber que especies se conservan mellor na neveira ou no conxelador, e trucos para optimizar o tempo na cociña e reducir o desperdicio alimentario.
As persoas participantes recibirán un receitario, unha guía de consellos e información nutricional, así como un mandil e unha bolsa da compra exclusiva feita con redes e plásticos reciclados elaborada pola Asociación de Redeiras de Cariño en colaboración coa Aula Sostible do Freixo (Outes).
Datas: Martes 29 e mércores 30 de setembro (2 sesións de 4 horas).
Horario: De 16:30 a 20:30
Lugar: Asociación de Amas de Casa Praia da Marosa de Burela (Rúa O Río, 9, entrechán 1. Burela)
Prezo: Gratuíto (prazas limitadas).
Reserva a túa praza canto antes en pescasaude.gal ou no 627 570 949

